Carqueixa Folk de Souteliño de Laza

Alborada e muiñeira de Faustino Luis Seonae, o Canizo-Gudiña. Carqueixa Folk 2019
Ibias-Marcha de Vilaquinte-Muiñeiras de Vilar e Vilaquinte. Carqueixa Folk 2019

Presentámosvos hoxe algúns pequenos vídeos da nosa participación no Carqueixa Folk en Souteliño o pasado 3 de agosto.

Disfrutamos moito preparando este concerto, é a primeira vez que nos enfrentamos a un concerto dunha hora de duración subidos a un esceario como dúo e coa colaboración de Soco como percusionista á pandeireta. Quedamos encantados os tres co son acadado e os resultados!

Agradecemos aos técnicos de son e luces o seu espectacular traballo e á organización do Carqueixa Folk o ternos animado a facelo.

Plantexámonos afrontar un concerto desta duración, como é lóxico, alternando sets, ritmos e instrumentacións. A Félix tocoulle ir variando de angloconcertina, a acordeón diatónico e a gaita; eu (Cástor) enroqueime no bouzouki e apenas o soltei para un par de pezas con frauta de madeira. A maiores quixemos estrear un prototipo de punteiro galego en Si bemol, deseñado por Jpsé Nebra, e personalizado para Félix, con medidas de punteiros vellos, pero outras prestacións novedosas, como un dobre furado para o meiniño da man dereita, que permite facer abaixo unha nota sensible ou subtónica, segundo o requira o tema.

Levábamos un par de anos tras del para que nolo fixera, e o resultado non puido ser máis espectacular!

Tiramos arranxos novos, tamén de pupurris feitos xa vai moitos anos pero que sempre nos gustou tocar, e atopámonos que sobrábannos os temas e as gañas.

Tivemos que reducir a 11 sets e aínda así, non os demos tocado todos pola premura do tempo (O noso concerto non puido empezar puntual, a cea retrasouse e empezamos sen que rematase; e tivemos que acortar por esixencias do grupo que tocaba despois).

Soco incorporouse nos arranxos con gaita, e David e Lucía tiñan que bailar os dous últimos temas pero polos cambios non conseguimos que se incorporaran a tempo para os bailar.

En calquer caso, foi todo un éxito e ben seguro que nos vindeiros meses repetiremos nalgún dos principais pubs e turreiros do país!

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s