Rimas e letras da música popular. Sábado 26/10 Lugo

Este sábado 26, organizado pola AS.PG , a Asociación de Escritores en Lingua Galega AELG, e Cultura-Deputación de Lugo, haberá unhas moi interesantes xornadas.

Nelas participará entre outras/os destacadas/os estudosas/os do tema, Dorothé Schubarth, cunha ponencia sobre a relación entre o texto e a melodía no cancioneiro tradicional, contextualizando o romanceiro galego e peninsular co ámbito europeo. Convidounos a participar nos exemplos musicais, así que alá estaremos Cástor, Félix e Lucía, Non volas perdades! Máis información na Axenda da AELG aquí

Aproveitamos para felicitar a Dorothé Schubarth e a Pablo Quintana polo ben merecido premio de Mestres da Memoria 2019 que a Asociación de Escritores en Lingua Galega lles entregará mañá venres 25 no Vello Cárcere de Lugo.

Máis información sobre a Gala e o Premio na Axenda Cultura da AELG aquí

NOTA: Ollo! Non misturar as datas:

Venres 25: Gala Mestras e Mestres da Memoria 2019

Sábado 26: Xornadas Rimas e Letras da música popular

Unha opinión sobre “Rimas e letras da música popular. Sábado 26/10 Lugo

  1. macuvaz@gmail.com

    grazas `pola vosa información, soupen o caso do Dorothé Schubarth, muller digna de admirar, sobretodo polos galegos, pois traballou moito pra deixarnos tanta música anterga. Sabrazos

    Resposta

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s