Espazo Galaico 9-10-11/XI en Ourense

Os amigos Paco Boluda e Javier S. Bobillo son os grandes artífices do Espazo Galaico en Ourense.

Antronte escomenzaron as actividades do Magosto 2019 en Ourense (concertos, animación nas rúas, teatro, carpas das catro denominacións de viño na provincia, concurso de pinchos…) e dende onte sábado, abriuse o Espazo Galaico, dúas carpas con exposición sobre a vida cotiá na Galiza da Idade de Ferro e tamén con obradoiros para toda a familia coa idea de achegar o maravilloso mundo galaico ós cativos e a os non tan cativos.

Con actividades de Idoia Luxan – banda deseñada, Castor Castro – música da area galaica , Juan Diego Conde Eguileta – esgrima histórica, Agrupación Tir na n’og – recreaciónismo, Javier S. Bobillo Vázquez-Monjardín e Paco BoludaO laboratorio do tempo, exposición e visitas guiadas explicativas da vida dos galaicos, ferramentas, arte.. .

No tocante á nosa charla, faremos unha pequena mostra principalmente centrada nos instrumentos actuais galegos, e ata onde se pode seguir o seu rastro no tempo.

Non volo perdades!

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s