Onte acompañamos ao gaiteiro Sr. Faustino Luis Seoane, do Cañizo-A Gudiña (Ourense), no espazo de Pablo Carpintero no programa “Luar” da TVG.
Faustino ten 95 anos e leva dende os 8 tocando a gaita, foi informante do musicólogo estadounidense Alan Lomax no ano 1954, e ten un amplo e fermosísimo repertorio.
Nesta ocasión presentou un chotes e unha mazurca, bailes que foron recollidos a Faustino e difundidos por Ramón López de Candaira xa nos anos 90.
Acompañámolo nesta actuación José Luis: caixa; Soco Rúa: bombo; Félix Castro: acordeón diatónico; Cástor Castro: frauta.
E como bailadores/baliadoras, Lucía Cedrón, David Leadbeater, Marco Guerra e Ángeles Sierra.

Moitas grazas a Pablo Carpintero e Luar, e ao Sr. Faustino Luis Seoane por convidarnos con el a ir nesta ocasión, e ao seu neto José por nos acompañar!
E increible o que facedes pola música tradicional, donde sona unha gaita ,alá estades para averiguar que é o interprete.-
Seguide así facendo pais, cada un a sua maneira.- apertas e felicidades para ese veterano gaiteiro, apertas