Dende o ano pasado estamos involucrados como asesores na causa xudicial sobre Manuel Blanco Romasanta, no proxecto audiovisual “Luarada” dirixido polo director ourensán Oscar Doviso e producido por Zinemusik a realizar neste 2020. Tamén participaremos da música para o filme.
O proxecto desvelouse o pasado venres na sala de prensa da Deputación de Ourense e vai comezar a súa rodaxe neste mes de Marzo.
Inicialmente plantexouse como unha curta, pero leva camiño de convertirse nunha longametraxe, e se presentará un avance do traballo no vindeiro OUFF Ourense Film Festival en setembro de 2020.



Preme no enlace máis abaixo para ler a publicación no diario “La Región” sobre a presentación do evento:

Podedes mantervos informados buscando en Facebook “Luarada” ou ben na páxina da propia Zinemusik.
Estamos seguros de que será unha produción que dará moito que falar!