Eí ven o Urco!

Pontevedra, 1876

Estas noites de inverno que se nos ten metido o urco nas nosas casas a través da xanela dos nosos televisores,  non estaría de máis lembrar quen é o urco, un animal mitolóxico galego con forma de xigante can negro con cornos, que sae do mar encadeado, botando lume e cos ollos alumeando como faíscas acesas. Agoiro da morte e a mala sorte, escóitaselle ouvear polas noites polos montes o corredoiras.

No ano 1876 no antroido de Pontevedra faría o urco a súa aparición en forma de persoa disfrazada con peles e cadenas e unha carauta de animal. Daquela publicáronse  toda unha sorte de panfletos arredor deste personaxe, que se ben nun principio concordaba na figura do ser mitolóxico, logo resultou ser un rei que coa súa comitiva chegaba á capital pontevedresa e loitaba con Teucro, caendo ao final derrotado.

Nós quedarémonos coa primeira figura, máis arrepiante, mais próxima á tradición e á ficción da serie que se está a emitir: un Urco con máscara de madeira, cuberto de peles e encadeado, rodeado de xente para controlar a súa ferocidade.

Temos un prego de cordel dese ano, 1876, publicado en Pontevedra, na imprenta de Verea y Quintana, titulado “Premática de los aparatos é guisa en que rescebirse ha el urco en esta ciudad”, onde conta os agasallos que se lle farían ao Urco nos días 27, 28 de febreiro, e 1 de marzo de 1876.

Chama a atención no texto que se demanda compostura para que non se faga o que «ovo antaño de facer rieptos e inxuria a las máscaras», e quen o faga será considerado «felón e malnascido».

A figura do urco amosada no primeiro capítulo ten moita semellanza co Oso de Salcedo (Pobra de Brollón) que sae nesta parroquia luguesa rodeado dos seus criados o luns de entroido para asustar aos veciños. Esta máscara, de gran antigüidade, ten paralelismos  noutras zonas de España e Europa, simbolizando o fin do inverno e comezo da primavera, que é cando saen os osos das súas covas, e o comezo do novo ciclo do ano, que sempre foi o que simbolizou o entroido.

Chama atención  tamén na serie, o de poñer unha celebración de entroido como denominada mércores de fariñada, que non ten moito sentido no entroido tradicional, xa que o único mércores sinalado tradicionalmente é o de cinza, como momento da súa finalización; sendo os días celebrados, os domingos anteriores ao entroido e posterior de piñata, os xoves de compadres e  de comadres, e logo os sábado, domingo, luns e martes propiamente de entroido.  Sendo nomeados con adxectivos (corredoiro, fareleiro, oleiro, etc. nomes que varía segundo as zonas).

Se na illa de Néboa tiveran recibido según merecía ao Urco, como fixeron no ano 1876 en Pontevedra, de seguro que non habería tanto desmán e tería regresado ao Borrón satisfeito e cheo de fartura. Pero claro, entón  a serie xa non tería nada que contar.

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s