El Libro de San Cipriano y Santa Justina en libro electrónico

Froito do traballo dos últimos meses, acabamos de publicar o noso primeiro libro en Amazon.

Trátase dunha edición en formato electrónico da obra da nosa colección “El Libro de San Cipriano y Santa Justina. Milagros y oraciones de la S.S. Cruz de Caravaca. Tratado completo para ejercitar el poder oculto” (a última versión desta edición en España foi publicada en Barcelona, c.1906).

Consta de 194 páxinas que reproducimos a toda cor e respetando o tamaño orixinal do libro, de oitavo menor, para que fose o máis parecido ao orixinal.

Engadímoslle ademais unha pequena presentación da obra, un índice de contidos ao inicio (do que carecía) e procesámolo con recoñecemento de texto (OCR).

Pódese tamén adquirir tanto en formato de libro electrónico como de tapa branda impreso a toda cor, ou en blanco e negro.

Con esta publicación iniciamos a colección Scrinium Mira Librorum Gabinete dos Libros Maravillosos que iremos ampliando con outros exemplares raros e únicos que Félix ten atopado durante os últimos vinte anos e que consideramos de interese bibliófilo ou etnográfico.

Para realizar estes traballos decidimos ampliar a tecnoloxía e axudarnos dun escáner Czur ET16 Plus que fotografía a doble páxina e procesa as imaxes.

O Rituale Romanum de 1701

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s