Estrea da obra «Transformacións» de Dorothé Schubarth en Santiago de Compostela

O vindeiro martes 10 de marzo ás 20 h terá lugar no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela un acto irrepetible como é a estrea absoluta da composición para cuarteto de corda clarinete e percusión «Transformacións» de Dorothé Schubarth, na que será un grandísimo pracer colaborar.

Deixámovos o tríptico de presentación e transcribimos as palabras da súa autora de sobre o evento:

Despois de ter acabada a peza Transformacións desexei que se tocase e que se puidese oír. Síntome feliz e agradecida de que agora poidamos escoitalas e de poder comunicarme con vós, que viñestes aquí grazas ós músicos que se prestaron: o cuarteto Alicerce, ó cal se xuntan Alberto Aneiros co clarinete e Marcos Mato Collazo, coa percusión.

Pero tiven máis sorte aínda: varios amigos axudáronme crear unha forma arredor da peza. Lucía Cedrón e Carlos Rafael vannos recitar unhas poesías. É unha forma de dialogar, de conversar música e texto. E á súa vez as poesías están envoltas en pezas para frautas e zanfoña que nos tocan Cástor Castro e Germán Díaz. Grazas daquela a eles pola axuda que me prestaron. E entre as poesías hai dúas da miña amiga Ana María Fernández, grazas tamén a ela. E iso non é todo: por detrás están Antón Santamarina e Concha Losada con consellos e axuda.

Quero deixar constancia tamén do meu agradecemento á Universidade de Santiago por terme cedido este emblemático auditorio. Sodes moitos os que me axudastes realizar este acto de música e poesía. Grazas a todos.

Transformacións é unha peza curta, sinxela. E como tódalas músicas esvaece en seguida despois de ser tocada e só queda o pouco que gardamos na memoria. Por iso pensei que se debía executar dúas veces, e ademais quería darlle un acompañamento con poesía e música para frauta e zanfona. Textos e melodías entran en conversación coas Transformacións. E as melodías e fragmentos de melodías en transformación comunícanse entre si.

Espero que a peza se explique por si mesma, pero adianto unhas palabras:

Ao principio o clarinete tócanos unha cántiga

Despois entra o cuarteto e conversan entre si os distintos instrumentos e en contraste co clarinete

As contestacións empezan a superpoñerse e… esgótanse

Neste momento entra a percusión cun ritmo ben coñecido e o cuarteto suxéitase á el coas súas melodías.

O ritmo, e con el o compás, transfórmase case inaudiblemente, e con el transfórmase a melodía que toca o cuarteto.

-Cara ó final guía o clarinete con aires que contrastan coas melodías do cuarteto.

Queda por mencionar que a percusión ten unha 2ª voz: esta expresa en certos momentos claves o silencio, fenómeno tan importante na música.

Dorothé Schubarth

Basel, Suíza, 2020

Participan Carlos Rafael, Lucía Cedrón, o Cuarteto Alicerce, Alberto Aneiros, Marcos Mato, Germán Díaz e Cástor Castro.

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s