Rodaxe de «Luarada», primeiras imaxes

Con ista claqueta comezaba a pasada semana a rodaxe de «Luarada», filme de Zinemusik dirixido por Oscar Doviso, sobre Manuel Blanco Romasanta, o coñecido Lobisome de Esgos.

Conta cun formidable traballo de guionistas, dirección, interpretacións, e unha coidadísima ambientación e vestiario que xa se aprecia dende estas primeiras imaxes da rodaxe.

Fotografía de Cris Andina

Nós participamos co asesoramiento nos aspectos relativos á causa xudicial seguida contra Manuel Blanco Romasanta. As dúbidas que sempre se suscitan sobre os feitos, obrigan a revisar datas, personaxes que interveñen e demais, e xa trouxeron novidades que iremos desvelando nos vindeiros meses.

Lonxe de ser un caso pechado, quedan moitos bimbios que trenzar para pechar iste cesto.

Se queredes estar ao día da marcha do proxecto, non deixedes de visitar de cando en vez https://www.facebook.com/luaradafilme/

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s