Nuevo libro: «Grimoire du Pape Honorius avec un recueil des plus rares secrets». A Rome, 1760

Comprácenos anunciar que vimos de publicar o 3º libro da colección Scriniu, Mira Librorum.

Trátase dun libros de maxia franceses máis destacados de entre a gran cantidade de grimorios publicados en Francia dende o s. XVII ata os nosos días.

O Gran Grimorio do Papa Honorio, atribuido por Eliphas Levi ao Papa do século XI Honorio II,  foi considerado por grandes coñecedores da maxia cerimonial como un dos máis meritorios dos que se publicaron polos coñecementos máxicos que nel se contén. Tamén foi o grimorio máis popular entre os labregos franceses xunto co Petit Albert. Existen edicións europeas desta obra dende o siglo XVII.

Este exemplar en cuestión que reeditamos é a obra que publicou Simon Blocquel (1780-1863), famoso libreiro-impresor de Lille  (Francia) en torno a 1840, aínda que consigne na súa portada como lugar e data de impresión ficticios Roma, 1760.

Trátase dun oitavo menor, en cartoné, de 5×13,5 cm. Conta con 107 páxinas, máis 17 páxinas de adiciónes insertadas despois do índice, máis o frontispicio, páxina do título coa data 1760, e diez planchas a cor de época.

Coma sempre, fixemos unha versión en libro electrónico, con índice, OCR, e outras dúas versión en tapa branda: impresa a cor ou ben en branco e negro, respetando o tamaño orixinal.

Este prolífico editor, que publicou baixo numerosos pseudónimos, perfeccionou os sistemas de impresión da época e editou todo tipo de tratados, incluindo numerosa literatura máxica. Os grimorios de Blocquel gozan de xusta fama entre os coleccionistas tanto pola calidade da súa impresión como po contenido das súas obras, converténdose en verdadeiros clásicos da literatura máxica europea.

Esta edición ten ademáis o mérito de incluir as planchas coloreadas de época, recollendo nelas sellos, pentáculos, círculos cabalísticos, imaxes de Santa Xenoveva, etc.

Desta obra só coñecemos dúas traduccións en castelán, ambas de principios do s. XX: a versión publicada polo editor barcelonés Rosendo Pons e a do ocultista madrileño Dr. Moorne, que sen embargo carecen da beleza da edición de Blocquel. 

Dentro do seu texto atópanse diversas fórmulas máxicas, como conxuracións a demonios, aos espíritus que reinan nos puntos cardinais, aos espíritus dos días da semana (Lucifer, Frimost, Astaroth, Silcharde, Bechard, Guland, Surgat), para atopar tesouros egochados e outras.

A continuación inclúe un cúmulo de receitas máxicas, para gañar no xogo, da man de gloria, para viaxar sen cansarse, para que non funcionen as armas de fogo, etc.

Mostra asimesmo da súa antigüidade, dotando a esta obra dunha interese etnográfica indudable, é a recopilación de receitas de gran importancia para unha sociedade rural campesiña: receitas para curar enfermedades tanto dos animais como das persoas; contra febres, mal de cachimonia, fluxo de ventre, sarna, epilepsia, etc. así como fórmulas para a protección de bens e gando contra o lobo.

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s