Novo libro «Cipriano el Temeroso». Barcelona, 1874

Aproveitando a situación de confinamento temos traballado con intensidade en preparar numerosas publicacións que iremos anunciando aos poucos. Co 4º libro da colección Scrinium Mira Librorum retomamos novamente a empresa de publicar libros de maxia relacionados con San Cipriano.

«Cipriano el Temeroso, la verdadera magia negra, ó sea, el secreto de los secretos: manuscrito encontrado en Jerusalén, en el Sepulcro de Salomón», ten 58 páxinas, e ten lugar e datas supostas de publicación Roma, casa de García, 1750; en realidade foipublicado en Barcelona en 1875 pola Imprenta de Narciso Ramírez, con tradución ao español de Balbino Pérez y N.
Coma sempre, fixemos unha versión en libro electrónico, con índice, OCR, e outras dúas versións en tapa branda: impresa a cor ou ben en branco e negro, respetando o tamaño orixinal, e están dispoñibles en Amazon.
O interese desta obra é que consideramos que dela procede unha parte importante do Libro de San Cipriano o Tesoro del Hechicero, versión de Jonás Sufurino, a máis difundida en castelán.

É extremadamente rara e nome enigmático, xa que só coñecemos tres exemplares, o noso e outros dous en bibliotecas catalás. Tivemos noticia por primeira vez ao ler a charla sobre a bruxería en Aragón do antropólogo Ángel Gari Lacruz no I Congreso de Aragón de Etnología y Antropología de 1979. Nunca ten sido reeditada en castelán.
Cando o adquirimos resultou ser nada menos que unha tradución doutra obra anterior impresa polo libreiro francés Simón Blocquel a mediados do s. XIX, obra moi coñecida e estimada por ser unha das máis fieis ao ciclo salomónico e á Clavícula de Salomón, «La Veritable Magie Noire, ou le secret des secrets.» (De La Veritable acabamos tamén de publicar a versión orixinal francesa).

A obra está dividida en dous libros, o primeiro comeza tratando sobre os momentos en que se deben realizar os experimentos, instrumentos necesarios para practicar a arte máxica (coitelos, dagas, varas, espadas, etc.); descrición de diversos experimentos máxicos (vó, invisibilidade, graza e destrucción, etc.), preparación do mago, exorcismo da auga, contra espíritus inmundos, para a saúde, do carbón, etc. preparación de plumas, do pergameo e a cera virxe, etc.
O segundo libro contén 45 talismáns, reproducidos en detalle, coas instrucións para realizalos, para os más diversos fins: contra encantamentos, perigos e armas, contra espíritus, para conseguir tesouros, para facer tempestades e tremar a terra, para invisibilidade, de amor, etc.

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s