Novo libro «La Veritable Magie Noire». París, Blocquel,c.1840

Outro libro do máximo interese e que publicamos como nº 5 do Scrinium Mira Librorum é este libro de maxia da nosa colección, un dos máis destacados entre todos os publicados en Francia durante el s. XIX.

La Véritable Magie Noire ou le secret des secrets, está considerado como o mellor expoñente do denominado ciclo salomónico, libros de magia o grimorios atribuidos ao rey Salomón, dos que os seus exemplos máis coñecidos son as obras  tituladas Clavícula de Salomón en toda a súa variabilidade. Foi una obra que gozou de bastante estimación por parte de famosos ocultistas como o Dr. Gerard Encausse, Papus, ou Arthur E. Waite. O exemplar que reeditamos foi publicado por Simon Blocquel (1780-1863), famoso librero-impresor de Lille  (Francia) por lo que debe ser datado entre inicios e mediados do s. XIX, malia que consigne na súa portada como lugar e data de impresión ficticios Roma, 1750.

«La Veritable Magie Noire, ou le secret des secrets. Manuscrit trouve à Jerusalem, dans le sépulcre de Salomon. Contenant: Quarante-cinq talismans avec leurs gravures, ainsi que la manière de s’en servir, et leur maraveilleuses proprietés; 2.º Tous lès caracteres magiques connus jusqu’a ce jour, traduit de l’hébreu, du mage Iroé-Grego», a Rome 1750. (cartoné, oitavo menor, 8,4×13,7 cm, 146 páxinas).libreiro-impresor Simon-François Blocquel, Lille, entre inicios e mediados do s. XIX. En francés.

O noso exemplar curiosamente ten un selo da librería Bailly Bailliere de Madrid na que estivo á venta, o que proba que a pesares da censura eclesiástica (lembremos que a Inquisición Española foi abolida definitivamente en 1834) e da mala prensa que este tipo de literatura máxica tuvo en España, houbo polo menos un pequeno comercio de delas.

François Blocquel foi un prolífico editor do que xa temos falado no blog, que perfeccionou os sistemas de impresión da época e editou todo tipo de tratados, incluindo numerosa literatura máxica. Os grimorios de Blocquel gozan de xusta fama entre los coleccionistas tanto pola calidade da súa impresión como polo contenido das súas obras, verdadeiros clásicos da literatura máxica europea.

Relacionadas con La Veritable Magie Noire existen varias obras en castelán, dúas de finais do s. XIX e outra de inicios do s. XX: por un lado unha traducción fiel da mesma que foi «Cipriano el Temeroso», Barcelona, 1874, imprenta de Narciso Núñez (que publicamos anteriormente); «El Libro de Verdadera Magia o Tesoro del Hechicero», versión do Libro de San Cipriano coñecida como de Jonás Sufurino, que incorpora no seu comezo unha parte fortemente influenciada por La Veritable Magie Noire (esta versión é a máis prolífica das publicadas en castelán, sendo as primeiras en publicarse as de lugar ficticio Imprenta Cabalística de Milano, ou a da Editorial Maucci de Barcelona); e finalmente a «Clavícula de Salomón, o sea el Secreto de los Secretos, traducido del hebreo por Ireo el Mago» publicada polo impresor e ocultista barcelonés Rosendo Pons, de inicios do s. XX, tambén fortemente inspirada en La Veritable Magie Noire.

A obra está dividida en dous libros, o primeiro comeza tratando sobre os momentos en que se deben realizar os experimentos, instrumentos necesarios para practicar a arte máxica (coitelos, dagas, varas, espadas, bastón, etc.); descripción de diversos experimentos máxicos (vó, invisibilidade, gracia e destrucción, etc.), preparación do mago, exorcismo da agua, contra espíritus inmundos, para a saúde, do carbón, etc. preparación de plumas, do pergameo e a cera virxen, etc. 

O segundo libro contén 45 talismanes, correspondentes a cada planeta, reproducidos en detalle e coas instruccións para realizalos, para os máis más diversos fins: contra encantamentos, perigos e armas, contra espíritus e demonios, para conseguir tesouros, para facer tempestades, facer tremer a terra, para controlar a chuvia, para acadar honores e gloria, para sementar disensións, invisibilidade, librarse do presidio, de amor, para viaxes, para ter respostas nos soños, contra pantasmas e para convocar as almas dos defuntos, etc.

Finaliza a obra con diversos consellos para o máxico, cómo debe vestirse e comportarse, oraciones, baños que debe realizar, exorcismo da agua, e conclusión de despedida.

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s