Festa da Palabra na Ínsua dos Poetas 19/7/2020

Este domingo teremos un concerto moi especial en Carballiño a partir das 18 hs, de presentación do disco de TOR con numerosos convidados, non volo perdades!

Actuarán os dous colaboradores que gravaron no disco:

  • Angel Ruiz banjo, afamado intérprete de banjo, asturiano nacido no Barco de Valdeorras, campeón internacional de banjo e gañador en Nashville dun premio da IBMA (International Bluegrass Music Association) ao mellor instrumental internacional de banjo de 2004 e que, como curiosidade, tocou o banjo para o tema de El Sueño de Morfeo que representou a España en Eurovisión fai uns anos
  • Pancho Alvarez (violín), recoñecido multiinstrumentista galego, con numerosos discos en solitario, recuperador da figura de Florencio o músico cego da Fonsagrada, e membro da banda de Carlos Núñez
    E ademais actuarán no concerto:
  • Patricia López (voz e pandeiro) e Marcos Saburido (percusións), membros do grupo ourensán Coanhadeira e de numerosos proxectos musicais galegos, e mestres da AOFT
  • Soco Rúa (pandeireta), e Lucía Cedrón e David Leadbeater (parella de baile), compoñentes de Gomes Mouro, Algaravía, e Candaira

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s