Félix Castro, premio Vicente Risco das Ciencias Sociais 2020

O pasado sábado tivo lugar en Allariz o a entrega do XXIV Premio Vicente Risco de CC SS que recaeu no meu traballo «Do Doutor Alveiros á Porta de Palla: o ocultismo na obra e vida de Vicente Risco».

Moi agradecido ás entidades convocantes, Concello de Castro Caldelas, Concello de Allariz, Fundación Vicente Risco, e a Universidade de Tras Os Montes e Alto Douro (UTAD) por terme concedido o premio e pola valentía de premiar unha obra sobre un tema ubicado no limes da ortodoxia académica española como é este do ocultismo.

Tamén a Miguel Robledo , Miguel de Punto e Coma e a González Ahola polo seu excelente traballo na maquetación e edición. Agradecer por suposto a todos os investigadores, autores, posuídores de Arquivos, que me teñen axudado a conseguir información relevante para a obra: Angelines e Armenia en Madrid, Esteban Cortijo Parralejo , Marina Pintos Fonseca, Juan Félix Larrea López. E aos Arquivos Pintos Fonseca, da Memoria Histórica de Salamanca, da Fundación Penzol de Vigo, de onde proceden as cartas de Vicente Risco reproducidas.

E tamén claro está á María, á miña familia e amigos, e ao meu irmao Cástor, incansable colaborador en todas as miñas / nosas empresas.

O libro está publicado pola Fundación Vicente Risco, e poderédelo atopar nas vosas librarías habituais, entre elas en https://tenda.airadasletras.gal/

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s