Inauguración da Exposición «San Cipriano o Mago: de oracións, ciprianillos e tesouros». Museo Etnolóxico de Ribadavia

Mañá martes 22 de decembro ás 12 da mañá, inaugúrase no Museo Etnolóxico de Ribadavia a exposición «San Cipriano o Mago: de oracións, ciprianillos e tesouros» organizada pola Xunta de Galicia,  Xacobeo 2021, o Museo Etnolóxico de Ribadavia, e como curador científico, como non podái ser menos, Félix Castro, antropólogo e máximo coleccionista de ciprianillos. Todo elo con deseño e montaxe da exposición por Xosé Lois González e Disigna Edenia, e fotografías de Mark Ritchie.

A exposición amosa  máis de 150 obxectos propiedade de Félix Castro reunidos durante os últimos vinte anos sobre a figura e culto de San Cipriano o Mago, San Cipriano de Antioquía, o santo mago cristián por excelencia.

Inclúen entre libros de oracións, grimorios antigos, gravados, amuletos, rolos máxicos, e obxectos varios procedentes de moitos países do mundo, repartidos en catro ámbitos:

– o primeiro deténdose no papel relixioso do santo como protector contra meigallos e mal de ollo, destacando a Oración de San Cipriano.

– o segundo trata sobre seu aspecto máxico, sendo de salientar o Libro de San Cipriano, coñecido popularmente como Ciprianillo, o grimorio ibérico máis famoso e que coñeceu numerosas versións dende o s. XIX.

– o terceiro, sobre o Libro de San Cipriano e a busca de tesouros, xa que esta obra foi moi popular na Galiza e noroeste ibérico para a busca e desencanto de tesouros.


– o cuarto, «San Cipriano no mundo»; sobre a difusión da súa figura por toda Europa, medio oriente, África, e América, tanto dentro das relixións cristiá católica, oriental e ortodoxa; santería e cultos sincréticos afroamericanos.

A imaxe pode conter: interior
A imaxe pode conter: 1 persoa, interior
Circulo máxico para o desencanto de tesouros con Lucífugo Rofocale,  lugartenente do inferno, que custodia os tesouros escondidos

Como diciamos haberá máis de 150 obxectos, entre os “máxicos” e os relixiosos (gravados do santo, oracións de San Cipriano, amuletos, iconos, rolos máxicos etíopes). Da máis diversa procedencia: españois, franceses, italianos, rusos, armenios, gregos, etíopes, etc. Arredor de 20 libros de maxia escandinavos, alemáns, franceses, etc. 40 libros de San Cipriano portugueses, españois, arxentinos, mexicanos e brasileiros. Obxectos “máxicos” de santería relacionado con San Cipriano, velas, aceites, xabóns, amuletos, aneis, pulseras e collares. Varas de San Cipriano, gacetas de tesouros, etc. etc.


Debido á pandemia, a inauguración será con aforo de público reducido (só poden estar seis persoas por sala), pero a exposición vai estar aberta durante preto dun ano, así que xa teremos tempo de desfrutala!

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s