“Con cazolo e chave: as músicas das miñas avoas”

O pasado 4 de setembro participamos no taller  “Con cazolo e chave: as músicas das miñas avoas”  con Héctor Salgado “Morenita” e Diana Estévez, veciñas de Feilas e da Chaira. Celebrouse no Reitoral da Chaira, de Riós, dentro do programa DePedra, organizado pola Bela Auria, Universidade de Vigo, Deputación e Xunta entre outros.  

Foi unha xornada moi intensa continuación de outros de días anteriores, con talleres de confección de lá, barferencias sobre o pasado nas pedras do Val do Támega, observación de estrelas, e moitas sorpresas.

Diante de numeroso público, as veciñas de Feilas e a Chaira relataron cómo pola súa zona o canto acompañábase sempre coa tixola ou cazolo  e a chave, mesmo a música dos gaiteiros cando ían tocar. Cantaron, contaron e explicaron a súa técnica de toque da sartén. Todo elo conducido por Héctor e Félix que puxérono en contexto do marco de outros instrumentos que tamén se empregaban na provincia e en Galiza, e mesmo noutros puntos da Vía da Plata.

Moitas grazas a Bea e Carmen por invitarnos a participar neste taller, e as veciñas de Feilas e a Chaira polas súas historias, música, ilusión e boa enerxía que transmitiron a todos os presentes.

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s