Arquivo por autores: arquivocastrovicente

Gaita de cana, TOR na X Gala Arenteira 27/XI/2021

O pasado sábado 27/XI/2021 estreamos por fin a gaita de cana en Eb, do amigo e artesán Pablo Carpintero, un son especialmente agarimoso e delicado.

Con ela interpretamos a Marcha do meu pobo (Manuel Dopazo) e Muiñeira de Modesto Sánchez, na X Gala Arenteira celebrada no Auditorio Municipal Manuel María do Carballiño, organizada por Cer&Ber e o Aparthotel Arenteiro, e retransmitida en directo por Badal Novas.Aquí queda unha das nosas intervencións:

Moitas gracias por contar con nós e felicidades aos galardoados!

Aquí podedes ver a gala completa

Conferencia de Rafael Quintía no Etnolóxico de Ribadavia 19/XI/21

May be an image of texto

Lembraivos que este próximo venres, día 19, terá lugar a última conferencia organizada co gallo da Exposición no Museo Etnolóxico de Ribadavia “San Cipriano o Mago: de oracións, ciprianillos e tesouros”.
A conferencia será impartida polo antropólogo pontevedrés Rafael Quintía ás 20 hs. co título de “Mouros, Mouras e tesouros: mito e identidade na sociedade da carestía“.
Entrada libre ata completar aforo. O pasado 12 quedou xente fora, chegade con tempo, aviso por se acaso…

Continúan as conferencias no Etnolóxico de Ribadavia 12/XI/2021

O venres ás 20:00h retómanse as conferencias arredor do mundo de San Cipriano de man de Bea Comendador e Félix Castro.

Á conferencia pódese asistir de forma presencial ou pola internet a través da plataforma Falemos da Xunta de Galicia copiando no navegador a seguinte dirección:

https://falemos.xunta.gal/CCEU_MuseoEtnoloxico…

e o contrasinal: BibliotecaMER

O acceso a Falemos recomenda realizarse a través dos navegadores Google Chrome e Chromium tanto para equipos con Windows, Linux ou MacOs.

Se a conexión é desde un smartphone ou tablet hai que descargar a aplicación Jitsi Meet.Entrada libre ata completar capacidade.

Observaranse as medidas de prevención establecidas na lexislación vixente ante a crise sanitaria ocasionada pola covid-19

Romasanta nas V Xornadas sobre Antropoloxía 6/XI/21

O vindeiro sábado día 6 ás 19 h, facendo dobrete (estaremos con TOR de mañá en Niñodaguia), Félix participará nas V Xornadas de Antropoloxía en Pontevedra falando sobre «Manuel Blanco Romasanta, o mal de múltiples caras» dentro dunhas actividades e conferencias que prometen ser moi interesantes.

TOR na II Fornada tradicional en Niñodaguia (Xunqueira de Espadañedo) 6/XI/2021

Este sábado terá lugar durante todo o día en Niñodaguia, centro ben coñecido da Olaría galega, unha fornada tradicional nos fornos antigos onde se elaboraban as pezas antigas.

Aproveitaráse para gravar o programa da TVG «Inimitables», coa intervención de varios grupos musicais ao longo do día, en directo ou en playback. Pola mañá participaremos TOR acompañados de Angel Ruiz banjo!

XI Xornadas Romasanta en Allariz 29 e 20/X/2021

Deixamos aquí o programa das Xornadas que terán lugar hoxe 29 e mañá 30 de outubro en Allariz. Estaremos hoxe e mañá, relembrando o descubrimento do final de Romasanta en 2011, aportando novas informacións sobre o penal de Ceuta, e mañá falando sobre a Xeografía no devir de Manuel Blanco Romasanta, e unha proxeción da nosa visita á Pala das Cuncas, posible acubillo do noso personaxe na serra de Sanmamede.