Arquivo por autores: arquivocastrovicente

Ígor Medio. 3 a 6 de mayo, Selmana de les lletres asturianes

Este ano a Selmana de les Lletres Asturianes, tá dedicado ao noso querido Ígor Medio.

Entre as actividades programadas (publicacións, documental, exposicións, mesas redondas, concertos…) o día 4 de maio faráse o Concerto d´Ígor Medio ás 20 h na Llaboral de Xixón, no que tamos encantadísimos de participar Félix e Castor como felpellos en excedencia 🙂

As entradas poderánse reservar en liña, e vos avisaremos en canto abran a plataforma

Podedes ler a noticia completa das actividades e unha semblanza sobre todo o que significa Ígor para o cómic e a música deste país en Europa Press

Entrevista en «Músicos do Miño» Radio Municipal de Tui

https://www.ivoox.com/musicos-do-mino-programa-n-4-audios-mp3_rf_85609320_1.html

Pancho Álvarez dirixe, grava, guioniza e produce esta serie de cinco programas para a Radio Municipal de Tui, sobre músicos e músicas de ambas beiras do Miño. Para o seu programa nº 4, emitido o luns 11 e sábado 16 de abril, xuntounos para conversar con el sobre os nosos inicios musicais, tocar algúns temas en directo…. Podédelo escoitar arriba no enlace.

Moitas gracias Pancho sempre por contar con nós en todos os teus proxectos musicais e radiofónicos e polo cariño que nos amosas que como ben sabedes, é mutuo!

«La Coronela». TOR en directo na Arca da Noe-Vilar de Santos

«La Coronela», é un fermoso tema tradicional castelá, que aprendemos Félix e Cástor nos nosos estudios de frauta charra na Escuela de Cultura Popular Angel Carril de Salamanca a inicios dos 90.

Ensinóunola o Sr. Isaías, gran gaitero, oriundo de Almendra (Salamanca).

Dende sempre nos prestou para facer a nosa propia versión folki, e aquí a tedes en riguroso estreo na Arca da Noe o pasado 11 de marzo. Interpretámola cunha ulna, que é unha frauta de tres furados tradicional salmantina, feita có óso cúbito da dá de voitre, e ten un son precioso e espectacular.

Dedicada a toda a nosa familia salmantina!

TOR. Votación en Girando por Salas ata o 5 de abril ás 18 h

www.girandoporsalas.com Girando por salas é un circuito de salas de toda España, no que se seleccionan 26 artistas de todos os estilos musicais y se organizan xiras por distintas comunidades.

No plazo de inscrición de grupos, pasaron 739 propostas

A selección faina un xurado profesional, pero como soe ser habitual, hai un momento de votación popular. Agora mesmo e ata o próximo martes 5 de abril ás 18 h ábrese o prazo para votación popular e os 20 grupos máis votados recibirán un punto extra na selección final.

Se vos apetece votar por TOR, podedes facelo rexistrándovos na páxina de girandoporsalas.

Debaixo poñemos unhas instruccións para facelo máis fácil 🙂


1/ Na páxina de www.girandoporsalas.com

 arriba de todo á dereita, pinchades en ENTRAR / REGISTRARSE

2/ Elexides “CREAR UNA CUENTA”

3/ Creades unha conta co voso email, nome de usuario e contraseña, e elexides “Público general”, e pulsades a REGISTRARME.

4/ Recibiredes un email para confirmar o rexistro, pinchades no enlace para activalo, e xa vos leva á páxina de Xirando por Salas, co vosorusuario.

5/ Xa podedes votar pinchando arriba en BANDAS #GPS12    “BANDAS APROBADAS

Sae o listado no que podedes buscar por nome, comunidade, estilo de música….

Una vez atopado o grupos ou solitas que querades votar, pulsade no icono superior da fotografía de VOTAR

Gracias !

Catálogo «San Cipriano o Mago»

Xa está á venta e podedes conseguir o catálogo da exposición que tivemos no Museo Etnolóxico de Ribadavia. É unha obra en tapa dura de 161 páxinas, con profusión de fotografías, Anexos con gacetas e lista de tesouros do Reino de Galiza, e unha ampla bibliografía e referencias. En resumidas contas, unha obra única no seu xénero e que senta un antes e un despois nas publicacións de temática máxica no Estado.

Co magnífico deseño de Che Edenia, fotografías de Mark Ritchie, representa unha completísima visión da exposición. Non só recolle os textos e materiais exhibidos con toda a fidelidade, o que fai perdurar no tempo o proxecto expositivo, senón que os dota de enerxía propia.

A diferencia doutros catálogos nos que as páxinas e libros son escaneados e estampados, a ampla experiencia do fotógrafo Mark Ritchie para catálogos e exposicións (non en van ten traballado nos catálogos de Carolina Herrera, do Museo de Arte Contemporáneo de Santiago, e outros), fai que os grimorios, obxectos máxicos e amuletos, resalten nas súas proporcións, materiais e mesmo texturas, cobren vida e salgan do papel.

O catálogo poderédelo adquirir ou ben no propio Museo Etnolóxico de Ribadavia, ou ben na páxina da libraria institucional da Xunta de Galicia

https://libraria.xunta.gal/es

Presentámolo antronte mércores no Museo, coa presencia do secretario xeral de cultura da Xunta, Anxo M.Lorenzo, do vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, e do director do Museo César Llana.

Moi agradecidos ao director do Museo, César Llana, e ás institucións galegas, por facer posible esta exposición e catálogo e confiamos en que a sigan apoiando para poder levala a máis cidades.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/67262/xunta-difunde-legendaria-figura-san-cipriano-con-catalogo-muestra-expuesta-museo?langId=gl_ES

TOR en «Máis ou menos tradicional». Tempos Novos nº 298

o crítico musical Carlos Rego ven de publicar na Revista Tempos Novos 298 de marzo 2022 un informe cultural con interesantes reflexións sobre a música de raíz en Galicia, con ocasión do fenómeno Tanxugueiras.

Nel tamén fala de TOR e o celtismo folkie. Moitas gracias por visibilizar o noso traballo e proposta musical!

Lubicans na Arca da Noe 18/3/2022 (vídeo)

Tamos moi agradecidos a Noe pola súa sempre agarimosa acollida e trato na Arca da Noe en Vilar de Santos o pasado venres.

Foi un concerto moi animado, cun público entregado 🙂 e no que aproveitamos para amosar variedade de temas e instrumentacións, diversos tipos de gaita e percusións, que enriquecen a tímbrica da música tradicional, das que temos recollido nestes case trinta anos de aprendizaxes musicais.

Tamén contamos historias e puxemos algúns audios orixinais de frauta de madeira, acordeón diatónico, e dos músicos de quen tanto temos aprendido e nos inspiran: o Sr. Pepe da Caseta, o Sr. Feliciano Novelle….

Gústanos tocar, gústanos vervos beilar, gústanos contar historias, gústanos escoitalas e gústanos facer que a tradición, a memoria e o espectáculo continúe!

Como tarxeta de presentación subimos a Youtube os pasodobles con que abrimos os nosos concertos, pero podedes ver o concerto completo, con presentacións, bromas incluidas, sen trampa nin cartón, no Facebook da Arca da Noe!

Concerto gravado en directo, Facebook

Os Lubicáns na Arca da Noe, mañá venres 18/3/2022!

Mañá venres 18 de marzo, imos tocar Os Lubicáns á Arca. Teremos ceia-concerto como ultimamente. Ás 21:30 h cea e a partir das 22:30 h concerto!

Para cear bifes de vitela com molho de cogumelos com nata e de sobremesa as bolachas de Faragullas e MARUXIO_TerraeSal com doce de Carabuñas . O preço: 20 euros (também podes vir sem ceia) . Reserva no 699486282

Faremos un repertorio un tanto mixto, algúns temas de gaita, frauta, tambor, bombo e pandeireta, outros de diatónico e frauta…. Contaremos algunha historia, pero se a xente quere bailar, festa para adiante!

TOR na revista “Tempos Novos”

A revista galega de cultura Tempos Novos acaba de publicar unha reseña ao cd de TOR, moitas gracias a Carlos Rego e os editores! E un honor compartila con Caamaño & Ameixeiras!

Nestes tempos tan complicados, no que é tan difícil visibilizar o traballo e os proxectos, que un medio de difusión galega como a revista “Tempos Novos” faga unha reseña sesuda sobre o Cd de TOR, amosando un coñecemento e sensibilidade á proposta musical que facemos, é moi moi de agradecer.