Arquivo da categoría: concertos

31 de Marzo, TOR e convidados no Auditorio Municipal de Chaves (Portugal)

Mañá venres temos o honor de ofrecer no Auditorio do Centro Cultural de Chaves o Concerto de Primavera con TOR, participando nesta ocasión catro convidadas de excepción: Paula Gómez violín, Soco Rúa pandeireta, e Lucía Cedrón e David Leadbeater baile!

https://www.chaves.pt/pages/315?event_id=1775

Entrada gratuita, 21:30 hora portuguesa (22:30 hora española)

Ortigueira!

Fermosa experiencia a que vivimos presentando TOR no Teatro de Beneficencia de Ortigueira o pasado sábado 11 de Marzo de 2023. Moitas gracias polo voso cariño e acollemento, gracias a todas as amigas/os que vos achegastes, e especialmente a Sindo Toimil que nos acompañou dende Laza

Vémonos no Festival!

Fotografías de Rodrigo López e Álvaro Iglesias

TOR en Ortigueira sábado 11 de Marzo 19:30 h !

TOR actuará o vindeiro sábado 11 de marzo no Teatro de Beneficencia de Ortigueira, na presentación do programa do Festival de Ortigueira 2023.

As entradas pódense coller en taquilla ao prezo de 3 €.

Estamos encantadísimos de que contasen con nós para a presentación, estrenaremos temas novos, e esperamos repetir no verán 🙂

Cacharreiros de Niñodaguia: A Terra nas Mans 24/XII/22 15:45 TVG, TOR

INIMITABLES: Os cacharreiros de Niñodaguia

A TVG únese hoxe á gran celebración da olaría tradicional de Niñodaguia cun ‘Inimitables’ que contará con algúns dos mellores grupos do actual panorama musical galego. Os espectadores gozarán da festa, pero tamén coñecerán algúns dos segredos dos cacharreiros e que fan os veciños desta aldea ourensá para defender o oficio.

TOR participamos nesta festa e poderémolo disfrutar e ver hoxe ás 15:45 na TVG

Fotografías de Xesús Fariñas para La Región

Compartimos a nota de prensa do programa:

OS CACHARREIROS DE NIÑODAGUIA: A TERRA NAS MANS

Televisión de Galicia emitirá hoxe sábado, 24 de decembro, ás 15.45 h. un programa especial dedicado aos cacharreiros de Niñodaguia. Asistiremos á unha fornada tradicional, veremos tal como se cocían os cacharros antigamente e saberemos dalgúns dos máxicos segredos dos oleiros labregos de Galicia.

O traballo da olería tradicional leva tempo en perigo grave de extinción. Pero nunha pequena aldea galega, Niñodaguia,  Agustín Vázquez, mestre cacharreiro, e os veciños do lugar, loitan duramente para que a crónica desta morte anunciada non se chegue a producir.

E como loitan contra o inevitable? Pois cun traballo exemplar de transmisión, difusión e participación. Organizan mostras da olería dos lugares máis destacados nesas artes, para estar ao día; encontros interxeracionais entre os máis vellos e os máis novos para transmitir o saber; clases de olería; festas e concertos; e converteron en celebracións algúns dos procesos do oficio, como as fornadas tradicionais.

Tal como nos amosou a pandemia o “made in china” xa non é unha solución fiable en tempos de crise, así que volvemos a valorar o artesán, o produto de proximidade, o feito na casa. Por ese motivo decidimos unirnos aos veciños de Niñodaguia e celebrar con eles e con toda Galicia esta gran festa da olería e dos oficios tradicionais.

 “Os cacharreiros de Niñodaguia: A terra nas mans”, un programa da televisión pública de Galicia dirixido por Senén Bernárdez, é unha festa pero tamén un documento sumamente valioso, que o tempo irá poñendo aínda máis en valor. Un documento sobre un dos nosos oficios máis antigos, auténticos e valiosos, o oficio dos oleiros ou cacharreiros.

Acompañamos os veciños nas súas actividades durante máis de dous anos e invitamos músicos galegos de primeira liña e diferentes estilos, como Tor, Ao fondo da barra, Mekanika Rolling Band ou Som do Galpom. Porque esta é unha loita de todos, dos vellos e dos novos, dos veciños de Niñodaguia e de todos os galegos que queremos preservar a nosa cultura. Música e oficios tradicionais van hoxe da man de Agustín, Enrique, José, Benigno e todos os cacharreiros de Niñodaguia para defender o “feito na casa”, o “feito en Galicia”.

A produción industrial moderna é unha longa cadea, con centos de persoas; oficios, que en diferentes lugares, países e incluso continentes, interveñen na obtención de materias primas, man de obra, fabricación de compoñentes, patentes, deseños, transporte, marketing e comercialización.

Polo contrario, un cacharreiro é autosuficiente. Fai todos os pasos da fabricación, distribución e venda dun cacharro: a extracción do barro na barreira, a preparación do barro, o modelado na roda, o secado, a cocción, o vernizado e a venda. Os cacharros son un dos poucos produtos feitos dende principio a fin no mesmo lugar, neste caso, Niñodaguia.

Un magnífico exemplo de sustentabilidade neste tempos de crise de materias primas e da deslocalización de empresas.

Así que invítamosvos a ver hoxe:

OS CACHARREIROS DE NIÑODAGUIA:  A TERRA NAS MANS

24 de decembro de 2022, ás 15.45 h. en Televisión de Galicia

Concerto didáctico Lubicáns 15/XII/22. Centro Marcos Valcárcel, Ourense

«Historias dos instrumentos musicais na tradición galega» é o concerto didáctico que ofreceremos os Lubicáns o vindeiro xoves día 15 de decembro ás 20 h no centro Marcos Valcárcel, dentro das actividades programadas polo Obradoiro de Instrumentos Musicais da Deputación de Ourense como actividade de Nadal. ENTRADA LIBRE

Neste concerto didáctico interpretaremos repertorio bailable instrumental galego (muiñeiras, xotas, valses, pasodobres, polcas…) , recollidos principalmente na Limia polo Arquivo Castro Vicente durante os últimos trinta anos, e tamén aprendidos de referentes da música tradicional ourensá como Faustino Santalices, Modesto Sánchez, Ermelinda do Muíño, Faustino Luis Seoane, Paco de Escornabois e tantos outros.

Durante hora e media de concerto didáctico repasaremos a tradición dos instrumentos de vento na Galiza (frautas, pínfanos, frauta de tres buratos…); instrumentos de palleta libre (acordeón diatónico, concertina…), a trompa, gaitas antigas, variedades de tambor que se empregaron. Falaremos tamén da música dos cegos e os seus instrumentos.

Reflexionaremos como en cada sociedade e época se adoptan distintos instrumentos para as súas músicas, ou se crean novos instrumentos. Todo elo adobado con historias e curiosidades que fomos atopando.

O grupo está formado por Félix Castro: Gaitas, acordeón diatónico, concertina, Cástor Castro: Frautas, trompa… Marcos Saburido: Tambor e caixa, Diego Iglesias: Bombo, e Soco Rúa: Pandeireta.

Con esta formación pretendemos revalorizar e difundir o repertorio e estilo propio ourensán. O nome do grupo, Lubicáns, é a denominación que se lle dá na Limia e parte de Zamora ao lince, animal de natureza fuxidía e case invisible. Como foron as nosas músicas durante moito tempo.

Gala Arenteira 2022. Auditorio Manuel María Carballiño, 25/XI

Hoxe venres 25/XI ás 20:30 h TOR estaremos no Auditorio Manuel María do Carballiño colaborando musicalmente xunto co Coro de Cámara Música Viva, na XI Edición do Galardón A Arenteira.

Como en anos anteriores, o obxecto de este acto e facer recoñecemento dos valores de persoas destacadas da comarca do Ribeiro e máis do Carballiño nos ámbitos da cultura, do deporte e a título póstumo, ademáis este ano estrease o galardón destinado a superación.

Este ano os galardoados serán:
Cultura, Don Eduardo Bernárdez.
Deporte, Clube Baloncesto Maside.
Póstumo, Dona María Teresa Miras Portugal.
Superación, Dona Jennifer Manzano Montoya.
www.galardonarenteira.gal

O acto será ademáis reproducido en directo por internet por Badal Novas a través da súa Canle de Facebook

https://www.facebook.com/novasbadal/

www.badalnovas.com

Moitas gracias á organización e ao grupo CerBer por contar novamente con nós!

Gala Mestres da Memoria 2022

O venres 21/10/2022 terá lugar a Gala Mestras e Mestres da Memoria que organiza a Asociación de Escritores en Lingua Galega. Será no Vello Cárcere de Lugo, ás 18.30 h, e os merecidos galardoados son o grupo Malvela e Faustino Luis Seoane, gaiteiro do Canizo-A Gudiña (Ourense).

Alvaro, Félix e Cástor, de TOR, tocaremos algunhas pezas na homenaxe.

Tedes máis información en

https://axendacultural.aelg.gal/

Mestras da Memoria 2022: Malvela

Autoría: Alba Díaz

Grupo de folk galego interxeracional, creado en Sanguiñeda (Mos). Está integrado por 13 cantadeiras (Matilde, Silvina, Fita, Clara, Carmiña, Señora Carmen (falecida), Lina, Maruxa, Dina, Aurita, Teresa, Merche e Adela), acompañadas por 6 músicos: Gustavo Domínguez (acordeón), Raquel Domínguez (gaita), Pablo Ces (bombo), Anxo Pardo (tamboril), Abilio Santos (cavaquiño) e Ana Senlle (dirección vocal).

Mestre da Memoria 2022: Faustino Luís Seoane

– O gaiteiro do Canizo – A Gudiña, Faustino Luis Seoane, ten actualmente 98 anos, e é memoria viva dos gaiteiros da súa xeración. Faustino foi gravado no ano 1956 polo musicólogo americano Alan Lomax