Arquivo da categoría: Música tradicional

Os Lubicáns na Arca da Noe, mañá venres 18/3/2022!

Mañá venres 18 de marzo, imos tocar Os Lubicáns á Arca. Teremos ceia-concerto como ultimamente. Ás 21:30 h cea e a partir das 22:30 h concerto!

Para cear bifes de vitela com molho de cogumelos com nata e de sobremesa as bolachas de Faragullas e MARUXIO_TerraeSal com doce de Carabuñas . O preço: 20 euros (também podes vir sem ceia) . Reserva no 699486282

Faremos un repertorio un tanto mixto, algúns temas de gaita, frauta, tambor, bombo e pandeireta, outros de diatónico e frauta…. Contaremos algunha historia, pero se a xente quere bailar, festa para adiante!

TOR na revista “Tempos Novos”

A revista galega de cultura Tempos Novos acaba de publicar unha reseña ao cd de TOR, moitas gracias a Carlos Rego e os editores! E un honor compartila con Caamaño & Ameixeiras!

Nestes tempos tan complicados, no que é tan difícil visibilizar o traballo e os proxectos, que un medio de difusión galega como a revista “Tempos Novos” faga unha reseña sesuda sobre o Cd de TOR, amosando un coñecemento e sensibilidade á proposta musical que facemos, é moi moi de agradecer.

José Ramón González de Vilaquinte (Fontes musicais de TOR)

Un dos grandes gaiteiros dos que TOR interpreta temas é Xosé Ramón Fernández. Del incluímos tres muiñeiras e unha marcha procesional no noso CD «TOR-Folk Céltico da Galiza» (Inquedanzas, 2020). A Xosé Ramón, nado en Vilaquinte-Cervantes (Lugo), e emigrado á Arxentina moi xoven, coñecímolo gracias ao gran investigador e antropólogo Norberto Pablo Cirio, que o gravou nos anos 90 naquel país.

Neste vídeo documental que acaba de subir Norberto Pablo Cirio a Youtube, do máximo interese dende o punto de vista musical, antropolóxico e por suposto humano, podédelo ver a partir do minuto 7:56 interpretando unha muiñeira, que nós incluimos no set “Vilar”.

José Ramón González, gaiteiro de Vilaquinte. Foto: Norberto Pablo Cirio, 1997

Norbeto Pablo tamén publicou diversos traballos sobre José Ramón, como este dipoñible en Academia.edu «Recordando a Galicia y Asturias desde Argentina» , que podedes descargar para coñecer máis sobre a súa música e vida.

Charla maxistral de Dorothé Schubarth

https://fb.watch/aMNXR_-nr3/

O pasado mes de novembro de 2021 tivemos a oportunidade de acompañar no APOI de Santiago á etnomusicóloga Dorothé Schubarth mentres daba a súa charla maxistral “En busca de la tradición inmediata” en liña, no marco dunhas xornadas sobre oralidades organizadas polo LANMO de México (Laboratorio Nacional de Materiales Orales).

O seu relato sobre a súa inmensa obra e experiencias no traballo de campo, tocounos o corazón. Dorothé sempre é capaz de expresar en palabras os fondos sentimentos e vivencias que se vive nese proceso, as emocións, as motivacións. Escoitala falar, é recoñecer nun mesmo as razóns polas que tantas persoas temos seguido isa chamada de conectarnos ás fontes e seguir transmitíndoo.

Gaita de cana, TOR na X Gala Arenteira 27/XI/2021

O pasado sábado 27/XI/2021 estreamos por fin a gaita de cana en Eb, do amigo e artesán Pablo Carpintero, un son especialmente agarimoso e delicado.

Con ela interpretamos a Marcha do meu pobo (Manuel Dopazo) e Muiñeira de Modesto Sánchez, na X Gala Arenteira celebrada no Auditorio Municipal Manuel María do Carballiño, organizada por Cer&Ber e o Aparthotel Arenteiro, e retransmitida en directo por Badal Novas.Aquí queda unha das nosas intervencións:

Moitas gracias por contar con nós e felicidades aos galardoados!

Aquí podedes ver a gala completa

TOR na II Fornada tradicional en Niñodaguia (Xunqueira de Espadañedo) 6/XI/2021

Este sábado terá lugar durante todo o día en Niñodaguia, centro ben coñecido da Olaría galega, unha fornada tradicional nos fornos antigos onde se elaboraban as pezas antigas.

Aproveitaráse para gravar o programa da TVG «Inimitables», coa intervención de varios grupos musicais ao longo do día, en directo ou en playback. Pola mañá participaremos TOR acompañados de Angel Ruiz banjo!

Tor en Esgos 25/IX/2021: Muiñeiras

Precioso concerto o sábado 25 no centro Cívico Parada Justel de Esgos (Ourense). Desfrutamos moito acompañados cos maravillosos/as Angel Ruiz Banjo, Soco Rúa pandeireta, Lucía Cedrón e David Leadbeater baile. Moi arroupados cun público entregadísimo 🙂

Moitas gracias a Camilo Rodríguez, ao concello de Esgos e o seu alcalde Mario Rdríguez, e á rede de Auditorios da provincia de Ourense, por coorganizar este concerto.

Deixámosvos un vídeo gravado polo amigo Ricardo Coronel, un pupurrí dos novos que preparamos nos propios directos: Muiñeiras de Ambite, das Duruchas (composición de Xosé Liz), e de Vilarmide (do repertorio de Desiderio )!

Mellor escoitádea con auriculares