Arquivo por etiquetas: antropoloxía

Conferencias sobre San Cipriano no Etnolóxico de Ribadavia

Este venres 1 de outubro principa o ciclo de conferencias entorno a exposición «San Cipriano o Mago: de oracións, ciprianillos e tesouros».

Non perdades a oportunidade de coñecer un pouco mais sobre esta personaxe vinculada aos tesouros, feitizos e males de ollo.

Doutra banda a exposición permanece aberta ata decembro de 2021. Se aínda non tedes pasado polo museo para vela, xorde unha nova oportunidade.

A primeira conferencia do investigador portugués José Leitão será ás 20 h do 1 de outubro no propio Museo Etnolóxico co tema “Livros de São Cipriano précontemporáneos: Relatos e manuscritos“.

Vídeo da presentación do libro «Do Doutor Alveiros á Porta de palla. O ocultismo na vida e obra de Vicente Risco»

Vídeo da presentación do libro en compaña de Felipe Senén, conversando sobre o ocultismo en Vicente Risco, e a súa xeración. Na Fundación Vicente Risco de Allariz (Ourense) 17/IX/21

Publicacións Arquivo Castro Vicente

Acabamos de crear unha páxina e enlace na cabeceira «Publicacións Arquivo Castro Vicente», onde explicamos as motivacións para a nosa liña de publicacións, procesos e distintos formatos, e iremos engadindo obras e novidades.

Está pensado especialmente para que a xente que nos coñeza a través de Amazon, poida saber as diferencias entre formatos (tapa blanda, tapa dura, color, branco e negro) e elexir a edición que máis lles conveña.

«N-a miña aldea. Por O Fidalgo de Monterrey» ACV Amazon

No Arquivo Castro Vicente queriamos ir escaneando e maquetando libros interesantes da nosa colección dende o punto de vista antropolóxico e etnográfico, pero de moi difícil adquisición pois levan fora de circulación moitas décadas.

Hoxe por fin presentamos a reedición en Amazon (Ebook e pasta blanda) do libro «N-a miña aldea. Por O Figaldo de Monterrey», José Alonso Obregón, Ed. Ourense, Imprenta La Industrial 1928 (cartoné, octavo maior, 12,7×19 cm, 112 páxinas)

241

José Alonso Obregón (Laza 1885-1936) foi un sacerdote, escritor e xornalista galego. Exerceu o sacerdocio en Taborda (Pontevedra), e nas parroquias de Cerdedelo, Castro de Laza e Xinzo de Limia (en Ourense).

Como xornalista colaborou en La Voz del Tecla, El Compostelano e Heraldo de Galicia.

Entre os seus escritos destaca a presente obra, de carácter narrativo, onde reflexa a vida en Laza e que recolle a primeira descrición dos peliqueiros, figura central do Entroido de Laza.

Coa desculpa dun relato costumista que xira arredor de dous namorados, O Fidalgo de Monterrey preséntanos o decurso anual da vida nunha  aldea galega do interior, interpelando ao lector dun xeito familiar e directo.

Na obra describe con todo detalle a actividade na aldea, sempre vencellada á natureza e aos traballos do agro, as súas festas, crenzas e costumes, constituíndo un traballo do máximo interese etnográfico e antropolóxico, cheo de localismos e de arrecendo á terriña, que merece a pena a súa recuperación.

241
241
241