Arquivo por etiquetas: Arquivo Castro Vicente

“Romasanta, escenario de película” 4/XII/2021

Estamos ilusionados coa proposta de Turismo Ribeira Sacra e Oscar Doviso, Zinemusik, amigo, director do filme «Luarada» sobre Manuel Blanco Romasanta, de organizar un pequeno roteiro polo concello de Esgos, lugar de nacencia e primeiras andanzas do célebre lobishome, e de gravación da película!

Será dentro das actividades «A caída da folla» o día 4 de decembro ás 10 h , prazas limitadas a un grupo de 6 a 10 persoas.

Máis adiante iremos revelando algo do contido, que agardamos sexa do voso interese

https://turismo.ribeirasacra.org/es/a-caida-da-folla-2021