Arquivo por etiquetas: Centrad

Encontro «Celme da zanfona» en Lugo, 10 a 12/IX/2021

Este venres comeza «Celme da zanfona» organizado polo Centrad e a Deputación de Lugo-Vicepresidencia, un formidable encontro de zanfonistas, artesáns, estudosos/as en Lugo, ao que vos podedes inscribir en celmedazanfona@gmail.com

Eu participarei xunto con Carlos Castro e Alejandro Dapena o venres día 10 expoñendo as medicións e estudio de varias zanfoñas que nos foron encomendadas.

No meu caso farei unha breve exposición sobre a zanfoña donada por Faustino Santalices ao Museo Arqueolóxico de Ourense.

Eu non son artesán e concretamenteos meus coñecementos sobre os aspectos construtivos eran moi limitados, e aprendín nestes meses moitísimo sobre o instrumento gracias a Alejandro e Carlos.

Podedes descargar o programa completo aquí