Arquivo por etiquetas: etnografía

Curso Manuel Blanco Romasanta El Hombre-lobo de Allariz (UNED Ourense, Marzo 2023)

Despois de matinar largo tempo sobre como aportar a nosa propia visión ao caso Romasanta, no mes de Marzo impartiremos un curso de Extensión Universitaria na UNED de Ourense cun total de 10 horas sobre Manuel Blanco Romasanta e as nosas investigacións, dende o punto de vista histórico, criminolóxico, da antropoloxía e etnografía.

Centrarémonos especialmente nas distintas vías de investigación que temos levado adiante, podédevos anotar en liña na páxina da Uned; a asistencia ao curso pode ser presencial, en liña en directo, ou acceder posteriormente aos vídeos das clases.

Deixámosvos o enlace e máis o programa

https://extension.uned.es/actividad/28861

Presentación do Anuario Fol de Veneno na UNED de Pontevedra 1/6/2022 19 h

Hoxe mércores 1 de xuño de 19 a 20 h estaremos na UNED de Pontevedra na presentación de «FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza», editado pola SAGA Sociedade Antropolóxica Galega, dentro das actividades do 50 Aniversario da UNED.

Para este número Félix colaborou con «Breve reseña de algunos libros españoles de magia erótica de inicios del siglo XX».

A asistencia é de matrícula gratuita e pódese acudir presencialmente ou velo en liña, inscribíndovos no seguinte enlace

19:00-20:00 h. Presentación do anuario de antropoloxía e historia " Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza"

Rafael Quintía Pereira: Director del anuario, antropólogo y autor del artículo: A Vella que come zamelgos. Interpretación dun novo mitema da Vella
Ana Durán Penabad: Secretaria de la Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), etnógrafa y autora del artículo: As divindades do santuario galaicoromano de Panóias
Félix Castro:  antropólogo y autor del artículo: Breve reseña de algunos libros españoles de magia erótica de inicios del siglo XX
Xoán Carlos García Porral: Doctor en Antropología social y autor del artículo: O Castro de Cotarelo (Goiás, Lalín). O que se pode ver, e o que se ten escoitado
Jesús del Castillo Martín: Licenciado en Humanidade y Etnógrafo. Autor del artículo:   De Pascuas a Carnaval.Mascaradas y ritos de invierno en la provincia de Toledo   

Conferencias sobre San Cipriano no Etnolóxico de Ribadavia

Este venres 1 de outubro principa o ciclo de conferencias entorno a exposición «San Cipriano o Mago: de oracións, ciprianillos e tesouros».

Non perdades a oportunidade de coñecer un pouco mais sobre esta personaxe vinculada aos tesouros, feitizos e males de ollo.

Doutra banda a exposición permanece aberta ata decembro de 2021. Se aínda non tedes pasado polo museo para vela, xorde unha nova oportunidade.

A primeira conferencia do investigador portugués José Leitão será ás 20 h do 1 de outubro no propio Museo Etnolóxico co tema “Livros de São Cipriano précontemporáneos: Relatos e manuscritos“.

Vídeo da presentación do libro «Do Doutor Alveiros á Porta de palla. O ocultismo na vida e obra de Vicente Risco»

Vídeo da presentación do libro en compaña de Felipe Senén, conversando sobre o ocultismo en Vicente Risco, e a súa xeración. Na Fundación Vicente Risco de Allariz (Ourense) 17/IX/21

Publicacións Arquivo Castro Vicente

Acabamos de crear unha páxina e enlace na cabeceira «Publicacións Arquivo Castro Vicente», onde explicamos as motivacións para a nosa liña de publicacións, procesos e distintos formatos, e iremos engadindo obras e novidades.

Está pensado especialmente para que a xente que nos coñeza a través de Amazon, poida saber as diferencias entre formatos (tapa blanda, tapa dura, color, branco e negro) e elexir a edición que máis lles conveña.

«N-a miña aldea. Por O Fidalgo de Monterrey» ACV Amazon

No Arquivo Castro Vicente queriamos ir escaneando e maquetando libros interesantes da nosa colección dende o punto de vista antropolóxico e etnográfico, pero de moi difícil adquisición pois levan fora de circulación moitas décadas.

Hoxe por fin presentamos a reedición en Amazon (Ebook e pasta blanda) do libro «N-a miña aldea. Por O Figaldo de Monterrey», José Alonso Obregón, Ed. Ourense, Imprenta La Industrial 1928 (cartoné, octavo maior, 12,7×19 cm, 112 páxinas)

241

José Alonso Obregón (Laza 1885-1936) foi un sacerdote, escritor e xornalista galego. Exerceu o sacerdocio en Taborda (Pontevedra), e nas parroquias de Cerdedelo, Castro de Laza e Xinzo de Limia (en Ourense).

Como xornalista colaborou en La Voz del Tecla, El Compostelano e Heraldo de Galicia.

Entre os seus escritos destaca a presente obra, de carácter narrativo, onde reflexa a vida en Laza e que recolle a primeira descrición dos peliqueiros, figura central do Entroido de Laza.

Coa desculpa dun relato costumista que xira arredor de dous namorados, O Fidalgo de Monterrey preséntanos o decurso anual da vida nunha  aldea galega do interior, interpelando ao lector dun xeito familiar e directo.

Na obra describe con todo detalle a actividade na aldea, sempre vencellada á natureza e aos traballos do agro, as súas festas, crenzas e costumes, constituíndo un traballo do máximo interese etnográfico e antropolóxico, cheo de localismos e de arrecendo á terriña, que merece a pena a súa recuperación.

241
241
241