Investigacións e actividades en Música tradicional, Etnografía galega e Artes marciais. Arquivo Castro Vicente, rex. nº 2013/01752 Sección 1ª Rexistro Central de Asociacións de Galicia. Este Blog é unha Revista Electrónica cos Dereitos de Autor rexistrados ISSN 2386-9518
Pancho Álvarez dirixe, grava, guioniza e produce esta serie de cinco programas para a Radio Municipal de Tui, sobre músicos e músicas de ambas beiras do Miño. Para o seu programa nº 4, emitido o luns 11 e sábado 16 de abril, xuntounos para conversar con el sobre os nosos inicios musicais, tocar algúns temas en directo…. Podédelo escoitar arriba no enlace.
Moitas gracias Pancho sempre por contar con nós en todos os teus proxectos musicais e radiofónicos e polo cariño que nos amosas que como ben sabedes, é mutuo!
16 de XULLO Venres ás 23:00 h en XINZO de Limia (Ourense) TOR+Convidados! nos circuitos Cultura no Camiño 2021 Atención: Rexistro previo en http://xinzo.gal/r/torfolk Esperámosvos!
Dende o día 10 de agosto xa está dispoñible físicamente o cd de TOR! Recén chegado de fábrica, pasarémosllo á distribuidora este luns e tedes varias opcións para facervos con el:
Nos nosos concertos
Solicitalo nos puntos de distribución de Inquedanzas Sonoras: tendas de discos e algunhas superficies comerciais (Corte Inglés, FNAC…)
Alborada e muiñeira de Faustino Luis Seonae, o Canizo-Gudiña. Carqueixa Folk 2019
Ibias-Marcha de Vilaquinte-Muiñeiras de Vilar e Vilaquinte. Carqueixa Folk 2019
Presentámosvos hoxe algúns pequenos vídeos da nosa participación no Carqueixa Folk en Souteliño o pasado 3 de agosto.
Disfrutamos moito preparando este concerto, é a primeira vez que nos enfrentamos a un concerto dunha hora de duración subidos a un esceario como dúo e coa colaboración de Soco como percusionista á pandeireta. Quedamos encantados os tres co son acadado e os resultados!
Agradecemos aos técnicos de son e luces o seu espectacular traballo e á organización do Carqueixa Folk o ternos animado a facelo.
Plantexámonos afrontar un concerto desta duración, como é lóxico, alternando sets, ritmos e instrumentacións. A Félix tocoulle ir variando de angloconcertina, a acordeón diatónico e a gaita; eu (Cástor) enroqueime no bouzouki e apenas o soltei para un par de pezas con frauta de madeira. A maiores quixemos estrear un prototipo de punteiro galego en Si bemol, deseñado por Jpsé Nebra, e personalizado para Félix, con medidas de punteiros vellos, pero outras prestacións novedosas, como un dobre furado para o meiniño da man dereita, que permite facer abaixo unha nota sensible ou subtónica, segundo o requira o tema.
Levábamos un par de anos tras del para que nolo fixera, e o resultado non puido ser máis espectacular!
Tiramos arranxos novos, tamén de pupurris feitos xa vai moitos anos pero que sempre nos gustou tocar, e atopámonos que sobrábannos os temas e as gañas.
Tivemos que reducir a 11 sets e aínda así, non os demos tocado todos pola premura do tempo (O noso concerto non puido empezar puntual, a cea retrasouse e empezamos sen que rematase; e tivemos que acortar por esixencias do grupo que tocaba despois).
Soco incorporouse nos arranxos con gaita, e David e Lucía tiñan que bailar os dous últimos temas pero polos cambios non conseguimos que se incorporaran a tempo para os bailar.
En calquer caso, foi todo un éxito e ben seguro que nos vindeiros meses repetiremos nalgún dos principais pubs e turreiros do país!
Este é o primeiro dos vídeos promocionais do grupo, gracias por compartilo e difundilo!
Piruxalda de Budián: Aprendida de Xan Teixeiro Rei
Muiñeira de
Vilaquinte: Tecimos ista muiñeira a
partir de motivos musicais do repertorio do gaiteiro José Ramón González de
Vilaquinte, gravado por Norberto Pablo Cirio na Arxentina
Versións e harmonizacións de TOR
Gravación e produción de audio e vídeo por beabesada
Homestudio
Grazas a Xan Teixeiro Rei e a Norberto Pablo Cirio
Piruxalda de Budián:
Taught by Xan Teixeiro Rei
Muiñeira de Vilaquinte:
We wove this muiñeira (jig) with musical motifs from the repertoire of the
bagpiper José Ramón González (Vilaquinte), interview recorded by Norberto Pablo
Cirio in Argentina
Versions and harmonisations by TOR
Audio and video recording and production by beabesada
Homestudio
Thanks a lot to Xan Teixeiro Rei and Norberto Pablo Cirio