Arquivo por etiquetas: Pontevedra

Os Lubicáns no XX Memorial Ricardo Portela

O vindeiro sábado 13 de xullo estaremos os Lubicans Félix e Cástor Castro, Diego Iglesias e Soco Rúa, no XX Memorial Ricardo Portela de Pontevedra, desfrutando desa fermosa xornada organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, vémonos alí 😀

Programa completo:

Venres 12 de xullo (Praza da Ferraría)

De 17.00h. a 21.30h. – XVII Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais

17.30h. a 20.30h. – Pasarrúas: Axio Mouro, Ghaiteiras d´Arredor, Iván Costa, Os Carunchos e os Gaiteiros das Rías Baixas.

21.00h. – Concerto: Os Viqueiras

Sábado 13 de xullo (Praza da Ferraría)

De 11.30h. a 14.00h. e de 17.00h. a 21.30h. – XVII Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais

Pasarrúas:

Maña de 11.30h. a 13.30h e tarde de 18.00 h a 20:30 h: Cántigas e Frores, Lubicáns, Meiró, Os Millarancos e Picuiña.

Escenario:

21.00h. – Homenaxe a Constante Moreda Vázquez.

21.15h. – Concerto: Cantares do Brión