Investigacións e actividades en Música tradicional, Etnografía galega e Artes marciais. Arquivo Castro Vicente, rex. nº 2013/01752 Sección 1ª Rexistro Central de Asociacións de Galicia. Este Blog é unha Revista Electrónica cos Dereitos de Autor rexistrados ISSN 2386-9518
Acabamos de crear unha páxina e enlace na cabeceira «Publicacións Arquivo Castro Vicente», onde explicamos as motivacións para a nosa liña de publicacións, procesos e distintos formatos, e iremos engadindo obras e novidades.
Está pensado especialmente para que a xente que nos coñeza a través de Amazon, poida saber as diferencias entre formatos (tapa blanda, tapa dura, color, branco e negro) e elexir a edición que máis lles conveña.
No Arquivo Castro Vicente queriamos ir escaneando e maquetando libros interesantes da nosa colección dende o punto de vista antropolóxico e etnográfico, pero de moi difícil adquisición pois levan fora de circulación moitas décadas.
Hoxe por fin presentamos a reedición en Amazon (Ebook e pasta blanda) do libro «N-a miña aldea. Por O Figaldo de Monterrey», José Alonso Obregón, Ed. Ourense, Imprenta La Industrial 1928 (cartoné, octavo maior, 12,7×19 cm, 112 páxinas)
241
José Alonso Obregón (Laza 1885-1936) foi un sacerdote, escritor e xornalista galego. Exerceu o sacerdocio en Taborda (Pontevedra), e nas parroquias de Cerdedelo, Castro de Laza e Xinzo de Limia (en Ourense).
Como xornalista colaborou en La Voz del Tecla, El Compostelano e Heraldo de Galicia.
Entre os seus escritos destaca a presente obra, de carácter narrativo, onde reflexa a vida en Laza e que recolle a primeira descrición dos peliqueiros, figura central do Entroido de Laza.
Coa desculpa dun relato costumista que xira arredor de dous namorados, O Fidalgo de Monterrey preséntanos o decurso anual da vida nunha aldea galega do interior, interpelando ao lector dun xeito familiar e directo.
Na obra describe con todo detalle a actividade na aldea, sempre vencellada á natureza e aos traballos do agro, as súas festas, crenzas e costumes, constituíndo un traballo do máximo interese etnográfico e antropolóxico, cheo de localismos e de arrecendo á terriña, que merece a pena a súa recuperación.