Arquivo por etiquetas: Romasanta

Curso Manuel Blanco Romasanta na UNED

Onte mércores 15 de marzo comezamos o curso “Manuel Blanco Romasanta. El hombre lobo de Allariz: un acercamiento interdisciplinar” (15 a 30 de marzo).

Realmente estamos moi contentos coa oportunidade de presentar as nosas investigacións sobre Manuel Blanco Romasanta nun ámbito académico e de prestixio, e a sensación desta primeira xornada non puido ser de maior satisfacción.

O curso que discurrirá durante cinco xornadas, está sendo seguido presencialmente no propio salón de actos da UNED Ourense ou ben por internet (en directo ou en diferido) con outros moitas persoas inscritas de outras zonas de Galicia, Cataluña, Asturias, Islas Canarias, Madrid, País Vasco e mesmo Polonia.

Moitas grazas ao director, Jesús Manuel García Díaz, polo seu acollemento e a Luis Gulín Iglesias, por organizalo e dirixir os mandos técnicos de cada sesión.

O mércores 22 seguimos con

. Primeras denuncias y actuaciones, primeras declaraciones después de su detención.
·         La inspección de los lugares de los crímenes.
·         Marco jurídico en que se produce el juicio a MBR: el proceso judicial, tramitación, pruebas, estrategias de la acusación  y de la defensa del caso.
·         El final de MBR: conmutación de la pena de muerte  por la de cadena perpetua. Traslado a la prisión de Ceuta, vicisitudes y últimos días.

Se alguén quere apuntarse oficialmente, pecharánse as inscrición o día 22.

Tamén podedes asistir de oíntes a algunha das sesións e facernos unha visita, sodes todas/os benvidas/os (Lembrade, nas Torres do Pino, carretera de Vigo, km 7-9) .

https://extension.uned.es/actividad/28861

Moitas gracias tamén aos medios que teñen dado difusión ao curso, máis concretamente Badal Novas, Diario de León, El Bierzo Digital, La Voz de Galicia, La Voz de Asturias, Faro de Vigo y COPE.

Experiencia do roteiro «Romasanta, esceario de película»

O sábado 4 de decembro tivemos un roteiro de catro horas dentro do concello de Esgos. O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra propúxolle organizalo a Oscar Doviso, amigo, director e produtor do filme «Luarada», e puxémonos os tres a argallar un plan de actividades relacionadas co lobishome de Esgos viable para ese tempo e espazo.

As prazas limitáronse a 10 persoas polo estado actual de pandemia; a mobilidade tíñase que realizar cos vehículos propios dos participantes, e preocupábanos a climatoloxía.

Mais tivemos un tempo espectacular! Desfrutamos moito preparándoo e encantounos compartir e reflexionar con todos os curiosos e estudosos/as que acudistes, a nosa inquedanza por esta historia con tantos puntos de vista diversos: etnografía, crenzas, paixón polo cine, recreación histórica…

Despois de nos xuntar ás 10 h no concello de Esgos, encamiñámonos a Regueiro, pobo de nacencia de Romasanta, a visitar a súa casa familiar, onde transcurriron os seus anos ata que enviudou en 1834.

Dende alí achegámonos á igrexa de Santa Olaia de Esgos, onde nos recibiu o párroco, Yerai Fariñas, quen nos ilustrou sobre o estado do templo naquela época, e tivemos oportunidade de falar da súa familia, inscricións nos libros parroquiais, a vida en Esgos e os oficios ambulantes.

A seguinte parada foi o pobo de Arcos, un dos escenarios do filme, onde Oscar explicou detidamente a elección dos exteriores, como se acondicionou o espazo para a gravación, a preocupación dos produtores de ofrecer unha imaxe fiel da vida, entorno, ropaxes e personalidade das personaxes, e multitude de anécdotas ocorridas alí.

Tras desplazarnos ao mosteiro de San Pedro de Rocas, fixemos un gabinete de investigación na propia Sala da lareira. Como sabedes Rocas é un lugar emblemático pois un criado do prior de Rocas foi unhas das primeiras mortes que os veciños da contorna lle apuxeron a Manuel Blanco.

Alí expuxemos o historial de víctimas; teorías que rodearon o caso: a autoinculpación como lobishome, as crenzas na licantropía na tradición galega, as acusacións dos seus veciños como Home do unto. Amosamos pregos de cordel de lobishomes, chupasangues e sacauntos, así como libros de farmacopea da época, prensa, gravados e a reconstrución de Romasanta realizada polo forense Fernando Serrulla e Marga Sanín. Tamén deu tempo a falar sobre memoria oral e da súa cova na serra de San Mamede, e os descubrimentos sobre a súa morte no Penal de Ceuta e os seus anos na cadea.

Pechamos esta intensa actividade na sala principal coas explicacións de Oscar sobre o filme: como xurdiu a idea, proceso de traballo, os exteriores, e as proxeccións do Teaser, o Trailer (avance), e mesmo dunha escea inédita -a película está en proceso de produción, e apenas se amosou unha parte dela no OUFF 2020: só poderedes velo en actividades exclusivas coma esta-.

Quedamos encantados coa experiencia, continuaremos con máis roteiros sobre Romasanta que iremos anunciando aquí, e non podemos menos que agradecer ao Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, e especialmente a Cristina que nos acompañou; ao concello de Esgos e a Camilo; ao persoal de San Pedro de Rocas, e á Deputación de Ourense e Aurelio Gómez, o seu apoio e implicación coa actividade.

Para quen non pudestes vir e vos apeteza achegarvos un pouco á experiencia, podedes volver ver o teaser e o trailer de Luarada aqui 🙂