Sobre nós/ About

 

Cástor e Félix Castro Vicente

(Ourense, 1970) licenciados en Dereito pola Universidade de Salamanca, avogados, músicos e investigadores en música tradicional e etnografía galega. Félix Castro é ademais licenciado en Antropoloxía pola UNED.

Fundadores do grupo de folk asturiano Felpeyu e membros da AOFT Gomes Mouro de Ourense, Música Rabeosa e Sólidos Galicianos. Investigan o toque pechado na gaita, xeito antigo de tocar, e a recuperación da memoria dos gaiteiros e músicos ourensáns, principalmente Faustino Santalices. Tamén estudan o acordeón diatónico e a frauta de chaves na tradición galega. Teñen colaborado nunha vintena de discos e recopilatorios nacionais e internacionais.

No tocante a publicacións, son destacables O Catálogo de música tradicional da Limia, o libro-cd “Sons da Limia”, a exposición e cátalogo “Faustino Santalices. Tradición musical galega” e o congreso e actividades no seu homenaxe do ano 2011, do que se publicaron o libro de Actas (Difusora 2012). Colaboradores do proxecto Ronsel de recuperación do patrimonio inmaterial galego e do programa europeo “Oralities” de tradición oral, asesores musicais do programa Alalá da TVG.  Contan cunha boa colección de discos de xisto e antigos e pregos de cordel.

 

Noutros temas, a súa investigación está centrada actualmente na figura de Manuel Blanco Romasanta, o Home lobo de Esgos, lévaos a descubrir en 2011 un retrato del e a nova do seu falecemento no presidio de Ceuta en 1863, destino final descoñecido ata ese momento. Están especializados no Libro de San Cipriano e bibliografía ocultista do s.XIX e XX, do que Félix ten realizado diversos artigos e exposicións como “Libros do Demo” no museo da Deputación de Pontevedra, os libros do demo e o desencanto de tesouros en revistas de etnografía e bibliofilia galegas e españolas (revista Lethes, revista Hibris etc). Mesmo é reclamado de todo o orbe para desencantar tesouros e asesoramento máxico. Neste eido os plaxios superan con creces a súa produción.

Curriculum resumido como Música Rabeosa

 

Agradecemos os vosos comentarios