Faustino Santalices

Programación Faustino Santalices 2011

NO 50 ANIVERSARIO DO SEU PASAMENTO

Actos sobre Faustino Santalices

22/02/2011

Desde o 21 de febreiro até o 27 de marzo a exposición sobre Faustino Santalices terá as súas portas abertas en Ourense. Logo de inaugurarse en Ribadavia, estará acompañada doutros actos arredor desta figura tan emblemática para o folclore galego logo do 50 aniversario do seu pasamento. Congreso sobre F.S. o 11 e 12 de marzo e “Sanfonices”, concerto de sanfonistas convidados para a gravación dun disco o 26 de febreiro. Consulta aquí os contidos da exposición e do congreso:

Faustino Santalices Pérez é figura fundamental da música popular galega na primeira metade do século XX. As súas reflexións e aportacións na estandarización da gaita e na recuperación da zanfona colócano na centralidade do proceso de recuperación e valorización do patrimonio musical de Galiza.

Este programa de actos e actividades, coincidente co 50 aniversario da súa morte, pretende aproximar ao grande público a figura de Santalices no contexto sociocultural en que desenvolveu os seus procesos creativos, interpretativos e, nomeadamente, os procesos científicos e de investigador.

Estes procesos en que empeñou unha vida, permitíronlle idear e fixar os métodos e ferramentas para a construción do actual padrón de gaita, así como a recuperación definitiva da zanfona, que con aquela ocupa o epicentro da historia musical desta vella nación europea.

ACTIVIDADES 2011:

EXPOSICIÓN

do 21 de febreiro ao 27 de marzo no Museo Municipal de Ourense

Comisarios: Cástor Castro Vicente e Félix Castro Vicente

Sanfonices

CONCERTO E GRAVACIÓN DUN DISCO A CARGO DOS ZANFONISTAS CONVIDADOS

26 de febreiro no Auditorio Municipal de Ourense

CONGRESO

11 e 12 de marzo no Museo Municipal de Ourense

Comité organizador: Cástor Castro, Félix Castro, Iván Area, Lois Pardo, Xavier Paz, Xosé Lois Vázquez

e tamén foi:

MARCHA DAS CHIRIMÍAS

5 de decembro de 2010 na Catedral de Santiago de Compostela

Congreso F.S.

  • VENRES 11 de Marzo de 2011

MAÑÁ

12.00 Apertura.

Eva Jiménez Del Río. Viúva de Faustino Santalices Muñiz. Cástor Castro Vicente. Coordinador do Congreso; Isabel Pérez. Concelleira de Cultura do Concello de Ourense. Xoán Carlos Fernández Fasero. Director da Axencia Galega das Industrias Culturais – Xunta de Galicia. Xosé Lois Vázquez. Difusora de Letras, Artes e Ideas

12.30 Conferencia inaugural

«Santalices ourensán», Cástor Castro. Músico tradicional, avogado e investigador. Colaborador do proxecto Ronsel. Membro da AOFT Gomes Mouro.

TARDE

16.00 «Faustino Santalices e o seu tempo».

José Luis Dopico Orjais. Músico tradicional, bibliófilo e director do C.E.P. Xosé María Brea Segade de Taragonha, Rianxo

16.30 «Santalices e Cabanillas: dúas almas xémeas»

Luis Rei. Bibliotecario de Cambados. Investigador sobre a vida e obra de Ramón Cabanillas

17.00 Coloquio

17.30 Pausa

18.00 «Impressões sonoras»

Ramom Pinheiro. Director Artístico de A Central Folque – Centro Galego de Música Popular.  Xavier Paz. Director da editorial Difusora de Letras, Artes e Ideas, propietario da Livraria Torga e dinamizador cultural
18.30 «Faustino Santalices Muñiz: gardián, conservador e difusor do legado Santalices», Santiago Prado Conde. Antropólogo, Universidade de Vigo

19.00 «Santalices e a literatura galega de tradiçom oral»

José Luis Forneiro. Professor titular de Língua Portuguesa na USC e estudioso do romanceiro de tradiçom oral da Galiza 19.30 Coloquio

NOITE

20.30 Visita á exposición Faustino Santalices.

“Ciencia da gaita, Consciencia da zanfona”. Tradición Musical Galega guiada polos comisarios Félix e Cástor Castro no Museo Municipal de Ourense

21.30 Petisco libre pola cidade vella de Ourense

22.30 Concerto Café Cultural Auriense

  • SÁBADO 12 de Marzo de 2011

MAÑÁ: Ciencia da gaita

10.00 «Santalices construtor da gaita. Apuntamentos técnicos»

Olimpio Xiráldez. Gaiteiro e frauteiro. Artesán de gaitas e frautas. Membro da directiva da Asociación de Gaiteiros Galegos. Moncho Marín. Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño e Ilustración. Debuxante etnográfico, membro e colaborador do Museo do Pobo Galego Con explicacións de Moncho Marín sobre a realización dos planos co despece de dúas gaitas de Do e Si Bemol de Faustino Santalices

11.00 Coloquio

11.30 Pausa

12.00 «Organoloxía da gaita, repertorio, o toque pechado».

Félix Castro. Músico tradicional, avogado e investigador. Membro da AOFT Gomes Mouro

12.30 «O caderno perdido de Faustino Santalices. A música tradicional galega como fonte xeradora de recursos endóxenos»

Iván Area. Gaiteiro. Coordinador xeral do proxecto Ronsel (ronsel.uvigo.es). Profesor do Departamento de Matemática Aplicada II da Universidade de Vigo

13.00 Coloquio

13.30 Xantar oficial (Prezo por comensal 20 €. Para participar é necesario facer reserva no e-mail
abanaeventos@gmail.com)

TARDE: Consciencia da zanfona

17.00 «A zanfona ibérica, usos e tipoloxías»

Xulio García Bilbao. Documentalista na Axencia EFE, cofundador da Asociación Ibérica de la Zanfona. Autor de varios artigos e conferencias sobre o instrumento

17.30 «Santalices e a zanfona. Os cantares de cego»

Pancho Álvarez. Músico

18.00 Coloquio

18.30 Pausa

19.00 «Como se fai unha zanfona»

obradoiro a cargo de Xaneco Tubío. Artesán de zanfonas

19.30 Mesa Redonda: «O legado a valorizar de Faustino Santalices»

Antón Seoane. Músico e psiquiatra, membro de Milladoiro dende a súa fundación no 1978 Luciano Pérez. Responsable técnico da colección de instrumentos musicais do CENTRAD-Deputación de Lugo. Xaime Estévez Vila. Etnomusicólogo e Dr. en Ciencias da educación

21.00 Conclusións e encerramento do acto

NOITE

21.30 Petisco libre pola cidade vella de Ourense

23.00 Repichoca Zanfoneira no Café Cultura Auriense

Contido da exposición:

1 I N T R O D U C I Ó N

2 N O T A S B I O G R Á F I C A S

3 G A I T E I R O

4 Z A N F O N I S T A . O Ú L T I M O X O G R A R G A L E G O

5 A R T E S Á N

6 I N V E S T I G A D O R E F O L C L O R I S T A

7 D I V U L G A D O R

8 A C T U A C I Ó N S E C O N F E R E N C I A S D E  F . S .

9 A N E X O D O C U M E N T A L E A U D I O V I S U A L

Entre as moitas parcelas da cultura popular con interese relevante destaca sen dúbida a da música. O Museo Etnolóxico de Ribadavia foi abrindo durante os últimos vinte anos diferentes camiños que consideraba rfos de tratamento por parte da museoloxía etnográfica en Galiza ou que, cando se trataban, non recibían a oportuna consideración. Tal é o caso da obra e o legado científico / musical de Faustino Santalices Pérez, figura ineludible se queremos entender a evolución do folclore musical galego durante a primeira metade do século XX.

A Concellaría de Cultura do Concello de Ourense a través do Museo Municipal súmase con esta exposición ao Museo Etnolóxico de Ribadavia, aos comisarios da mesma, Cástor e Félix Castro Vicente, e á Difusora de Letras, Artes e Ideas no seu labor de recuperación desta figura fulcral para a música tradicional galega e de difusión do seu excepcional legado e persoalidade. A exposición, estruturada en nove apartados, fai un percorrido biográfico que dá conta, na planta baixa, das súas investigacións e creacións, da súa dimensión como artesán, luthier e científico e da súa relevancia como extraordinario divulgador da nosa tradición musical.

No segundo andar expóñense fotos, revistas, libros, discos e diversos obxectos do seu entorno vital máis próximo, así como abundante material audiovisual no que o seu fillo D. Faustino Santalices Muñiz nos desvela os métodos de traballo do seu pai. Os instrumentos, pezas e unha parte sustancial da  documentación contemplados nesta exposición foron xenerosamente cedidos por D. Faustino Santalices Muñiz e familia, sendo este o depositario do legado do seu pai e persoa fundamental para entendermos doadamente o significado da obra de Faustino Santalices Pérez

Agradecemos os vosos comentarios