Qué é o Arquivo Castro Vicente?

 

Dende os anos 90, polo noso interese en música e etnografía galega, levamos recopilando todo tipo de materiais.

Os nosos fondos sobre música tradicional compóñense principalmente de instrumentos antigos, gravacións de campo, maioritariamente entrevistas, en cinta cassette, minidisc, e dixitais en formatos mp3 e wav. Ademáis, reproduccións de fotografías antigas, unha ampla biblioteca de libros relacionados ca etnografía e músicas tradicionais galegas e doutras partes de Europa, así como discos de piedra, EP, LP…

Soportes Audio/video

  1.  Minidisc : uns 80 minidisc (80 minutos, 640 minutos, a maior parte entrevistas na Limia)
  2. Cassettes: 163 numeradas de recolleitas e outras 60 aprox sen numerar
  3. 40 cassettes comerciais
  4. 156 EPS de música galeg
  5. 120 discos de pizarra de música galega. Incluido un exemplar do primeiro disco galego de pizarra de Aires da Terra
  6. 110 LP de música galega e 5 antoloxías
  7. 40 cds varios de recolleitas pasados a cd.
  8. Uns 450 Cds comerciais de música galega, folk atlántico…
  9. Uns 30 videos VHS e unhas 20 cintas de minidv con actuacións, algo de gravación de campo, actos organizados por Gomes Mouro
  10.  4 rollos de pianola
  11. Formato dixital (mp3 wav): Dende 2007 case todas as entrevistas,  as fixemos xa en dixital con gravadoras Iriver ou un Edirol

Unhas 70 horas en 850 wavs

Outras 200 horas en mp3 (uns 800 arquivos)

Unha parte deles son minidiscs pasados a  mp3, fragmentos de cintas xa dixitalizados, etc.,

Outro tipo de documentación:

  1.   Pregos de cordel: 10 pregos de tema galego
  2. 110 pregos de cordel non galegos
  3. 25 aleluias (aucas)
  4. Copia dixital de 120 pregos de arquivo de pregos de Luis de Julio
  1.   Libros:

150 Libros de música galega, primeiras edicións dos cancioneiros históricos (Inzenga, etc.).

50 libros de música tradicional non galega

300 libros etnografía e prensa galega (incluido coleccións enciclopédicas)

40 revistas antigas de tema galego

40 postais, 20 gravados e folletos varios

Revistas Interfolk, Nagaits, Na piobairi, Folk roots, …

60 partituras impresas antigas de música galega, diversos cancioneiros manuscritos inéditos

Copia dixital do Arquivo Faustino Santalices, de manuscritos, textos, fotografías, inéditos.

Esta pequena relación de materiais vinculados sobre todo á música, foi presentada a petición do Consello da Cultura Galega para unhas xornadas sobre arquivos. A outra parte fundamental do noso arquivo son edicións antigas de grimorios europeos, Libro de San Cipriano, Diccionario Infernal, edicións por ocultistas españois, algunhas rarezas como rollos coptos de conxuros, e demais.

Temos pendente a catalogación e detalle do arquivo.

One Response to Qué é o Arquivo Castro Vicente?

  1. Pingback: Ciclo sobre Crenzas Antigas e Mitoloxía organizado pola Biblioteca Pública Municipal de Verín. | SOCIEDADE ANTROPOLÓXICA GALEGA

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s