Arquivo da categoría: Artes Marciais

Fotografías Haidong Gumdo na Gala Más Deporte-La Región

Hoxe compartimos aquí as fotografías da exhibición de Haidong Gumdo realizada polo Gran Maestro Lee Dong Kyu e os seus alumnos/as na Gala Más Deporte-La Región, Auditorio municipal de Ourense, 9-12-2018, do que xa fixemos unha crónica e compartimos vídeos nesta entrada antiga

Moitísimas gracias a Oscar Pinal e Miguel Angel por estas formidables fotografías, e ao Diario La Región por autorizarnos compartilas nas redes 🙂

Os deireitos das fotografías están reservados polo diario La Región, e calquer outro uso das imaxes (sexa cartelerías, comerciais etc.) está limitado e precisa de autorización previa por parte deles.

/ Photographs taken at the Haidong Gumdo exhibition performed by Kun Sabomnim Lee Dong Kyu and his students. Más Deporte-La Región Gala Evening, Ourense Council Auditorium 9th-12-2018

Thanks a lot to Oscar Pinal and Miguel Angel for these wonderful photographs, and Diario La Región 🙂

(all rights reserved by La Region newspaper, please contact for authorization of use)

OURENSE. 19/12/2018 Auditorio. Gala + Deporte. Foto: Miguel Angel
OURENSE (AUDITORIO MUNICIPAL). 19/12/2018. OURENSE. Gala +Deporte, con premios a los mejores deportistas ourensanos. FOTO: ÓSCAR PINAL

Haidong Gumdo na Gala Más Deporte en Telemiño TV e La Región

Continuando coas participacións televisivas, ao pouco de celebrar con éxito de organización e participación o V Campionato de España de Haidong Gumdo no Pabillón dos Remedios de Ourense, o Mestre e amigo Saúl Servia Rivero, de Sam Mu Dojang recibiu unha invitación para realizar unha exhibición de Haidong Gumdo na Gala de Entrega dos premios anuais de Más Deporte-La Región (periódico ourensán), que se retransmitiría en directo polo canal de TV Local de Telemiño, no que se premian deportistas destacados provinciais nas diversas categorías.

Temos que agradecer en primeiro lugar o interese da organización en que o Haidong Gumdo ourensán participara no evento, e tamén que Saúl Servia implicara ao Gran Maestro Lee Dong Kyu para deseñar e participar na exhibición, e aos alumnos e compañeiros/as do Gimnasio Club Lee.

O Haidong Gumdo leva máis de dezaoito anos en Ourense con moitos éxitos destacados a nivel nacional e internacional (campións do Mundo, de Europa, en numerosas convocatorias), pero realmente foi no ano 2018, despois do importante esforzo colectivo que fixemos de organización do Campionato, cando empezamos a sentir un interese crecente polos medios de prensa, radio e televisión nesta Arte Marcial minoritaria.

A Gala tivo lugar o día 19 de decembro no Auditorio Municipal de Ourense, cheo a rebosar. Ademais da entrega de premios houbo exhibicións de ximnasia artística e deportiva, tamén participou o grupo PISTA CATRO, de circo e malabares, e foi realmente un espectáculo moi ben traballado (Podedes ver a Gala íntegra no outro enlace ao pé desta entrada).

Na exhibición, dirixida polo Gran Maestro Lee Dong Kyu, fixemos unha mostra de distintas disciplinas que se practican no Haidong Gumdo:

-Iniciouse cun sangsu gumbub (táboa de movementos nº. 1 e 2) realizados por Manuel Orbán pai, Luisa Sabucedo, María Guardado, Luis Orbán e Manuel Orbán.

Bonkuk gumbub (táboa de nivel superior que se entrena a partir de Tercer Dan), por Conchi Nóvoa

-A continuación Saúl Servia exhibiu a súa precisión en corte de mazás con jingum (espada real)

Yaksok kyokgum (combate de exhibición) por Félix e Cástor Castro.

-Sangsu gumbub nº. 7 (nivel intermedio),a cargo de Samuel Lee e Rosa Hermida

Chong i begui,corte de papel a cargo de Saúl Servia Rivero

Denamu begui, corte de caña, por Cástor Castro

Foi realmente un gran colofón a tantos meses de traballo para dar o mellor de cada un no campionato, ver a todos os compañeiros/as animados nesta exhibición e poder lucir o esforzo ante moitos outros practicantes e aficionados de outras disciplinas deportivas .

O diario La Región, publicou un suplemento especial con numerosas fotografías das entregas e momentos especiais da Gala, no que incluiu moitas e bonitas imaxes da exhibición de Haidong Gumdo.

Gala Más Deporte 2018 completa

“Luar” TVG 2-11-2018, colaboracións musicais e marciais

A verdade é que os últimos meses a nivel de participación en eventos públicos e televisivos teñen sido bastante ocupados, e empezaremos a subir algún vídeo e compartir a experiencia.

A inicios de novembro, nas últimas semanas de preparación do campionato de España de Espada Coreana, aceptamos a invitación de Daniel do Pando e Pablo Carpintero para facer dobrete e saír no mesmo programa de “Luar” da TVG facendo música e organizar xunto co Gran Maestro Lee Dong Kyu e compañeiros de Haidong Gumdo Espada coreana unha pequena exhibición en directo. A complicación intrínseca a este feito xa para a súa preparación foi alta, xa que tiñamos que buscar entre todos oco para ensaiar a exhibición, e tamén polo que a nós se refire para quedar con Álvaro Iglesias e con Daniel do Pando para montar uns temas.

Pero sobre todo, a tensión de ter que tocar en vivo e en directo, e en 10 ou 12 minutos cambiarse correndo nun camerino (iso sí, VIP, pegado ao esceario, gracias á organización por nos axudar nesto 🙂 ) e estar de novo enriba do esceario para amosar diversas ténicas de espada. Dende logo é algo que non temos feito habitualmente.

Lóxicamente é un traballo compartido, dentro da parte musical, o peso recaía en Daniel do Pando, presentando dúas coñecidas pezas do gaiteiro Ramón de Fumaior, unha xota e unha muiñeira, e acompañado por Alvaro Iglesias ao contrabaixo e por nós con frauta e concertina.

Foi unha experiencia bonita, e especialmente facer este tipo de pezas con instrumentos e sonoridades diferentes, e tamén, no que a nós repecta, tentar adaptar os adornos e o sabor da Fonsagrada, á frauta e a concertina.

Aquí podedes ver nos seguintes vídeos a nosa actuación, ou se o preferides o microespazo completo dedicado por Pablo Carpintero á trompa galega.

Xota e muiñeira de Ramón de Fumaior. “Luar” TVG
“A trompa”. Pablo Carpintero, programa “Luar” da TVG

Despois participamos na exhibición de Haidong Gumdo que xa puxemos aquí en entradas anteriores, co Gran Maestro Lee Dong Kyu como fundador da Arte Marcial e promocionando o campionato de España que estábamos a organizar en Ourense. Pola limitación de tempo só amosamos unha pequena parte de kyokgum combate a un paso (técnicas de ataque e contraataque predefinidas) e despois un anaco dun yaksok kyokgum (combate de exhibición) co que quedaramos campións de Europa en París en 2016. O Maestro Manuel Soto Dapena de Carballiño, campión de España en corte de caña en 2017, fixo corte con jingum espada real.

Sempre nos chamou a atención o cambio de actitude que se aprecia na xente cando se atopa ante unha espada de verdade e sinte que hai un perigo real. O Denamu begui, corte de caña, é unha técnica moi depurada, xa que ten que ser un movemento contundente, rápido e preciso, cun agarre sólido, co ángulo da espada correcto (entre 45 e 50 grados) para que saia un corte perfecto (calquer variación ou erro fai que a cana tronce, abanee….). En Haidong Gumdo só se entrena con espada real cando se chega a Primeiro Dan.

Pálpase nos espectadores as reaccións de asombro cando ven o primeiro corte de caña coa espada.

Mesmo durante os ensaios previos, cando estivemos probando son para tocar, acercábanse técnicos, rexidores, para dicirnos “¿Qué? ¿Soa ben, non? ¿Non fai falla probar máis, verdade?“….

Pero mentres o Mestre Manuel Soto probaba uns minutos despois o corte de cana, e cortaba unha… e puña outra, e volvía mirar, para ver a qué distancia situalas, etc. etc. …. Alí non se subíu ninguén no esceario para lle apurar e miraban calados dende unha distancia respetable ! 🙂

Gracias a Daniel do Pando e a Pablo Carpintero e Xosé Ramón Gayoso por nos convidar

Reflexiones sobre el Quinto Campeonato de Espada Coreana

Habitualmente empleamos este blog para difundir actividades o publicaciones en las que participamos. Pocas veces lo dedicamos a reflexionar sobre ellas. 

Hoy quería profundizar algo más en lo que fue la parte organizativa y especialmente de diseño del  Quinto Campeonato de Espada de Espada Coreana, del pasado 24 de noviembre.

Cuando hace un año el Gran Maestro Lee Dong Kyu anunció en la cena de Gala del anterior Campeonato que este año 2018 se realizaría en Ourense, sinceramente me sentí desbordado por la gran responsabilidad que suponía y el inmenso trabajo que conlleva. Después de 36 años entrenando con él, y desde que empezara hace 18 años a difundir el Haidong Gumdo en España, estoy ayudándole en muchas y diversas ocupaciones, sea de Taekwondo, sea de Haidong Gumdo, y uno sabe (en décimas de segundo!) más o menos cuánta gente del entorno próximo se va a poder implicar en semejante proyecto, y en quién o quiénes va a recaer la mayor parte del trabajo. Pero por otro lado, ya sabíamos que antes o después nos iba a tocar hacerlo, y se trataba de asumirlo.

Seguir lendo

V Campeonato de España de Haidong Gumdo

lona tigre final mas tigre 1 reducido.jpg

Ya pasó el V Campeonato de España de Haidong Gumdo que este año organizamos en Ourense con toda la ilusión para acoger a nuestros compañeros/as de toda España. Fueron meses y semanas previos de mucho trabajo, un fin de semana intenso, y quedamos realmente felices del resultado. Yo personalmente me encargué de la parte de diseño del Campeonato, lo que supuso un esfuerzo especial, y al mismo tiempo doble o triple satisfacción!

Poco a poco iremos compartiendo con vosotros aquí en nuestra página imágenes y materiales del Campeonato.

En la lona de 4 m x 2,66 m que presidió el Campeonato y que reproducimos arriba, nuestro querido Kun Sabomnim Lee Dong Kyu, junto a los organizadores, de arriba abajo: Maestros Manuel Soto, Félix y Cástor Castro, Saúl Servia, Conchi Nóvoa y Yoojoung Lee Choi. Y en la penumbra, el tigre, símbolo omnipresente de este V Campeonato. Fotografías de Ars Lumen y Ramón González, Diseño, Cástor Castro

5º Campionato de España de Haidong Gumdo, Ourense 24-XI-2018

cartel FINAL.jpg

Nos comprace publicar aquí o cartaz do Quinto Campionato de España de Haidong Gumdo, Espada Coreana, que se celebrará o sábado día 24 de Novembro de 2018 en Ourense, polo que estamos plenamente involucrados na súa organización, tanto técnica, como en deseño, difusión, acollida aos participantes, e demáis.

A información completa de reglamento, inscripcións e programación pódese atopar en www.taemi.es e tamén www.haidong-gumdo.es e irémola ampliando tamén no noso blog.

Haidong!