Arquivo da categoría: TOR folk céltico ga Galiza

¡Tor, Tor! de Antón Tovar

Este verán quedamos enamorados da forza, sensibilidade e e fonda expresión do poeta galego Antón Tovar, que vos recomendamos.

Nas súas poesías vai da man a beleza, a paixón, a tristura, a desesperación desacougante, É moi difícil describir os sentimentos encontrados que produce a súa lectura.

No seu libro «A grande ilusión e outros contos» (Galaxia, 1989) inclúe o relato «Unha hora humana«. Cóntanos o que acontece tras dar as seis da tarde no reloxio da catedral de Ourense, nun día de outono: A un oficinista, ao mozo de dezaoito anos, a un xornalista, a un home vedraño, dous tolos de Toén, a Salvador, ao vello poeta… e tamén a un rapaz de cinco aniños ledos:

Despois de darlle esoutro día nesta entrada tantas voltas á posibles orixes do nome de TOR, eís o tedes: Se nos volven preguntar, o nome do grupo ven do pastor alemán que enchía de ladros e alegrías ao rapaz de cinco aniños dos contos de Antón Tovar

Antes de TOR, N´Alcordanza (II)

Compartimos outro pupurrí de temas galegos que gravamos directamente do son da mesa de mezclas en 1999 no concerto que fixemos no pub Miudiño xunto con Igor Medio (violino) e Ruma Barbero (bodhran).

É un arranxo que ten xa mais de vinte anos e princípiase cun cantar moi sinxeliño “Tocan os tambores na guerra” das montaña de Lugo, tomado do Cancioneiro de Inzenga, ao que lle fixemos unha segunda parte.

Despois empatámoslle dúas muiñeiras de Rodrigo A. de Santiago, destacado compositor de orixe vasco que fora director da Coral Polifónica El Eco, e autor dun dos primeiros métodos de gaita publicados.

Pecha o set unha muiñeira que penso atoparamos no libro de Historia de Galicia de Manuel Murguía (na versión cantada, dice “Non che quero por bonita, que xa sei que non o es, quérote por moreniña, e pola lei que me tes”)

“Tambores…” e a primeira muiñeira de Rodrigo A. de Santiago, foron tamén incluidas no recente disco “Cerquina” de Felpeyu.

Este set interpretarémolo no vindeiro concerto no Carqueixa Folk de Souteliño, o 3 de agosto, esperámosvos alí !

TOR nos Telexornais de TVE-Galicia 27-5-2019

Onte emitiron nos telexornais da Televisión Española TVE – Galicia unha pequena entrevista presentando o noso novo grupo TOR Folk Céltico da Galiza. Tivemos oportunidade de explicar a instrumentación do grupo, e as sonoridades e arranxos sobre o repertorio dos vellos gaiteiros aos que recollemos. Moitas gracias a Domingo Bobillo por interesarse sempre no noso traballo e darnos esta posibilidade, e a Moncho Conde-Corbal por ceder a TVE-Galicia Elcercano espacio para facer a gravación.

Aquí vos deixamos os enlaces aos vídeos

Piruxalda de Budián-Muiñeira de Vilaquinte

Este é o primeiro dos vídeos promocionais do grupo, gracias por compartilo e difundilo!

Piruxalda de Budián:      Aprendida de Xan Teixeiro Rei

Muiñeira de Vilaquinte:  Tecimos ista muiñeira a partir de motivos musicais do repertorio do gaiteiro José Ramón González de Vilaquinte, gravado por Norberto Pablo Cirio na Arxentina

Versións e harmonizacións de TOR

Gravación e produción de audio e vídeo por beabesada Homestudio

Grazas a Xan Teixeiro Rei e a Norberto Pablo Cirio

Piruxalda de Budián: Taught by Xan Teixeiro Rei

Muiñeira de Vilaquinte: We wove this muiñeira (jig) with musical motifs from the repertoire of the bagpiper José Ramón González (Vilaquinte), interview recorded by Norberto Pablo Cirio in Argentina

Versions and harmonisations by TOR

Audio and video recording and production by beabesada Homestudio

Thanks a lot to Xan Teixeiro Rei and Norberto Pablo Cirio

TOR en beabesada Homestudio 28-III-2019

O pasado 28 de marzo estivemos gravando en audio e vídeo un par de arranxos en beabesada Homestudio para a promoción do grupo. O resultado foi espectacular, a calidade do traballo de Diego e as facilidades e comodidade foron totais, e non podemos por menos que expresar o noso agradecimento e todas as recomendacións por este estudio

Só hai que vernos as caras de felicidade nas fotos ou nos vídeos 🙂 !