Arquivo da categoría: Folk

TOR 17 de Maio no Espazo Icatú, Ribeira Sacra

Primeiro concerto de TOR en Galicia da temporada!

Reservade o 17 de maio para un concerto nun lugar moi moi especial na Ribeira Sacra, coa presentación de temas do segundo cd «Zira»!

https://turismo.ribeirasacra.org/servicios/espacio-icatu

https://www.facebook.com/ecosdapedra

A adega de Licores e Cervexas Artesanais Icatú é unha antiga escola da aldea Teimende situada en Parada de Sil, Ourense, no corazón da Ribeira Sacra. Tras máis de dez anos, o espazo ténse convertido nun referente da Ribeira Sacra polos seus premios internacionais e como un Laboratorio Artístico de Alquimia Creativa. Máis alá dunha adega, é un sitio de concertos e expo

TOR na Homenaxe a Pancho Alvarez XXXV Xuntanza de Gaiteiros Fene 11-11-2023

Temas interpretados por TOR na Homenaxe a Pancho Alvarez, Xuntanza de Gaiteiros XXXV organizada por Airiños de Fene o 11-11-2023 en Fene (Coruña).

Alalá de Lobeira aparece recollido no “Cancioneiro popular galego” de Dorothé Schubarth e Antón Santamarina (Ed. Barrié de la Maza), un traballo fundamental para o coñecemento da música galega.

Seguímolo coas “Muiñeiras do mar”, que Pancho Alvarez gravou no se CD, «Nas Cordas»

Con todo o noso recoñecemento e cariño para Dorothé Schubarth e Pancho Alvarez

TOR en Casa Lis, Salamanca 20-I-2024, concierto completo

Concerto íntegro de TOR no patio central da Casa Lis, Museo de Art Nouveau e Art Déco, Salamanca , 20-I-2024 20 h.

Moitas gracias a María José, Luis e toda a xente da Asociación Amigos de la Casa Lis, por organizar este concerto, polo cariño amosado e por permitirnos ofrecer a nosa música nun espacio tan especial; tamén a todo o público polo fantástico acollemento.

Foi gravado cunha cámara Zoom q2n e son ambente en primeira fila. Ao final do concerto acabouse a batería e completamos o último tema «Vilar» coa gravación de móbil que publicou en Facebook Juan Antonio Martín Sánchez.

Son TOR e presentacións con historias dos distintos temas, especial interese teñen as anécdotas de Luarada e Vilar 🙂

Gracias!

A fin de semana do 19 ao 21 de xaneiro estivemos de xira por Zamora, Salamanca e Valladolid. A atención e cariño dos organizadores e do público foi inmenso e quedamos moi moi agradecidos, foi unha experiencia inolvidable.

Empezamos o venres 19 ás 20 h no Patio Corsario de Valladolid. É unha sala moi acolledora que ten unhas 120 localidades, dirixida por Jesús e Teresa, e todo o colectivo de Patio Corsario. Está vinculada ao Teatro Corsario, unha compañía de teatro de grande traxectoria a nivel nacional, botade un ollo á súa páxina e as súas montaxes (xeniais os espectáculos de títeres para adultos 🙂 ).

https://www.teatrocorsario.com

Deste concerto apenas temos algún vídeo, se alguén dos que asististes vedes esta nosa páxina, non deixedes de nos pasar imaxes do concerto 🙂

Nas primeiras horas de saír á venda as entradas esgotáronse polo que fixemos un segundo concerto o domingo ás 13 h.

Museo Etnográfico de Castilla y León, Zamora

O sábado de mañá recalamos no Museo Etnográfico de Castilla y León, en pleno centro histórico de Zamora, no que agradecemos ao Museo e a Pablo Madrid a organización do evento.

Neste espazo, máis recollido, recibíronnos ademais moitos amigos e familiares de Zamora e Salamanca, que tiñamos moitas gañas que puideran coñecer o noso traballo en directo.

Casa Lis de Salamanca

O sábado á tardiña tocamos no Patio interior da Casa Lis de Salamanca, un espléndido Museo Modernista, espacio fermoso como poucos, ao que esperamos voltar pronto para coñecelo e disfrutalo máis de vagar. Moitísimas gracias a María José e Luis, e a Asociación de Amigos da Casa Lis, por organizar ista actuación.

Próximamente compartiremos un vídeo desde concerto íntegro, onde podederedes disfrutar do sonido TOR ao natural coma se estivérades en primeira fila do concerto.

Nestes concertos en interior prodigámonos en anécdotas e sucedidos que gustaron moito, coma a historia de Manuel Blanco Romasanta, o Lobishome galego, ou a do bombardeiro que se estrelou na II Guerra Mundial nos montes de Vilar ao sur de Ourense, e que os gaiteiros de Vilar fixeron unha caixa e un bombo do aluminio daquel avión…

E o domingo volvimos ao Patio Corsario, onde ademais nos acompañou Soco Rúa coa pandeireta, noutro concerto que esgotou as entradas, e que se prolongou cun longo xantar e sobremesa con Jesús, Teresa e o equipo do Patio Corsario. Deu tempo a contar e escoitar moitas moitas historias…

Xa temos gañas de volver!

TOR en Folk Canarias! 9 e 10 de decembro en Gran Canaria

Estamos encantadísimos de viaxar ao XVI Festival de Folk Canarias 2023, na illa de Gran Canaria.

Teremos dous concertos, o sábado 9 de decembro na praza da Alameda, na Aldea de San Nicolás, e o domingo 10 de decembro na Praza de San Juan, en Arucas. Ambos ás 20 h.

Compartiremos escenario coa Gani Mirzo Band e convidados,

esperámosvos!

TOR en proceso de gravación do 2º CD!

Comprácenos anunciar que comezamos o proceso de gravación do noso segundo CD!

Os pasados 12 a 15 de otubro desprazámonos a Casa Iglesias en Cira (Silleda-Pontevedra) onde en catro intensísimos días preparamos e gravamos os primeiros 6 temas.

Esperamos finalizalo en Xaneiro, e presentaremos a partir de Maio e na xira de verán de 2024

Optamos por gravar con varias tomas conxuntas, escollendo as mellores, para captar a enerxía dos concertos en directo, que pensamos ofrecerá unha maior frescura e potencia ao disco.