
Arquivo da categoría: Tras as pegadas de Romasanta
Romasanta en El Progreso de Lugo, próximas clases

Seguimos con algúns artigos máis cubrindo o curso na UNED.

Estamos realmente contentos coa acollida deste curso. Ao final 10 horas para tratar todos os aspectos desta figura fánsenos poucas, e quedan moitos puntos apenas esbozados. En próximas edicións intentaremos ampliar algo as sesións.
En todas as sesión intentamos levar material de soporte para a charla e que as persoas asistentes poidan velas. o xoves pasado foron:
-Reproducións de tarros de farmacia alemáns con Axung. Hominis (“graxa humana”)
-Reprodución dunha man de gloria, man dun aforcado cunha vela de sebo humano que, seguindo as instruccións dos grimorios medievais, empregaban os ladróns para entrar e roubar nas casas, xa que provocaba un sono máxico aos sus habitantes.
-Un libro orixinal da Palestra Chymica-Galenica de Félix Palacios de 1730, que incluía entre os compoñentes para elaborar as súas receitas, o unto de home ou cranio de persoa morta violentamente.
Para o próximo mércores día 29, que trataremos entre outras cousas a perspectiva médica e psiquiátrica, levaremos a reconstrucción que fixeron Fernando Serrulla e Marga Sanín, do IMELGA (Instituto de Medicina Legal de Galicia). Gracias aos dous e á Fundación Vicente Rico, por ofrecernola.
Curso Manuel Blanco Romasanta na UNED
Onte mércores 15 de marzo comezamos o curso “Manuel Blanco Romasanta. El hombre lobo de Allariz: un acercamiento interdisciplinar” (15 a 30 de marzo).
Realmente estamos moi contentos coa oportunidade de presentar as nosas investigacións sobre Manuel Blanco Romasanta nun ámbito académico e de prestixio, e a sensación desta primeira xornada non puido ser de maior satisfacción.




O curso que discurrirá durante cinco xornadas, está sendo seguido presencialmente no propio salón de actos da UNED Ourense ou ben por internet (en directo ou en diferido) con outros moitas persoas inscritas de outras zonas de Galicia, Cataluña, Asturias, Islas Canarias, Madrid, País Vasco e mesmo Polonia.
Moitas grazas ao director, Jesús Manuel García Díaz, polo seu acollemento e a Luis Gulín Iglesias, por organizalo e dirixir os mandos técnicos de cada sesión.
O mércores 22 seguimos con
. Primeras denuncias y actuaciones, primeras declaraciones después de su detención.
· La inspección de los lugares de los crímenes.
· Marco jurídico en que se produce el juicio a MBR: el proceso judicial, tramitación, pruebas, estrategias de la acusación y de la defensa del caso.
· El final de MBR: conmutación de la pena de muerte por la de cadena perpetua. Traslado a la prisión de Ceuta, vicisitudes y últimos días.
Se alguén quere apuntarse oficialmente, pecharánse as inscrición o día 22.
Tamén podedes asistir de oíntes a algunha das sesións e facernos unha visita, sodes todas/os benvidas/os (Lembrade, nas Torres do Pino, carretera de Vigo, km 7-9) .
https://extension.uned.es/actividad/28861

Moitas gracias tamén aos medios que teñen dado difusión ao curso, máis concretamente Badal Novas, Diario de León, El Bierzo Digital, La Voz de Galicia, La Voz de Asturias, Faro de Vigo y COPE.
Cantar de Romasanta, Astarot !
Como sabedes, en 2018 escribimos a letra do Cantar de Romasanta para o disco Ribeira Sacra de Luar na Lubre (Warner Music, 2018). Adoptamos a forma de décima, seguindo a estrutura dun antigo prego de cordel orixinal da nosa colección, que se publicou a mediados do s. XIX sobre a historia de Manuel Blanco Romasanta. Vamos, que foi unha magnífica oportunidade de xuntar dúas das nosas paixóns, a investigación sobre Romasanta e a nosa música folk!
Acaba de saír á rúa unha nova versión do cantar pola banda galega de heavy metal ASTAROT, que podedes desfrutar aquí:
Podedes ver tamén a interpretación en directo do tema, na presentación xunto con Luar na Lubre e Marisa Valle Roso que fixemos en xuño de 2018 no Teatro Principal de Ourense.
Entrevista sobre Manuel Blanco Romasanta na TVG 11/11/2021
Romasanta nas V Xornadas sobre Antropoloxía 6/XI/21
XI Xornadas Romasanta en Allariz 29 e 20/X/2021

Deixamos aquí o programa das Xornadas que terán lugar hoxe 29 e mañá 30 de outubro en Allariz. Estaremos hoxe e mañá, relembrando o descubrimento do final de Romasanta en 2011, aportando novas informacións sobre o penal de Ceuta, e mañá falando sobre a Xeografía no devir de Manuel Blanco Romasanta, e unha proxeción da nosa visita á Pala das Cuncas, posible acubillo do noso personaxe na serra de Sanmamede.



Romasanta en Gciencia
O coñecido Portal da Ciencia Galega, GCIENCIA, ven de publicar unha serie de tres artigos divulgativos sobre Manuel Blanco Romasanta, realizados por Manuel Rey, incidindo na biografía da personaxe, o que se sabe del, os crimes que se lle imputaron, o proceso xudicial, así como diversas hipóteses de traballo que fomos plantexando nas distintas Xornadas MBR de Allariz.
A continuación deixamos os enlaces para quen vos goste lelos, agradecendo novamente a Manuel Rey o interese por difundir estos traballos nun portal de ciencia.
1: o ‘home do unto’ que puido nacer muller
2: A detención, a confesión e o xuízo
e 3: A morte e os misterios sen resolver
“O comercio de graxa humana” en Cuarto Milenio. Cuatro TV
O pasado domingo día 17 de xullo de 2016 “Cuarto Milenio” emitiu unha reportaxe de Natalia Monje e Francisco Pérez sobre o comercio de graxa humana, baseada nas nosas investigacións e nos estudos de Luis Giadás. Fixéronnos con tal propósito unha pequena entrevista onde lles relatamos as referencias ao uso desta substancia nos repertorios de farmacopea e industriais, casos reais citados nos boletíns de xurisprudencia ou na prensa do s. XIX (Cambados, Soutochao…) e mesmo recibos por graxa humana que aparece no arquivo do Real Sitio de Aranjuez. Tamén falamos da regulación que había en Alemaña sobre o comercio de unto, monopolio dos verdugos, sobre o que xa fixemos unha pequena entrada no noso blog, e que atopamos por primeira vez nos estudios sobre o Pishtaco peruano da Dra. Rosario de Prybil, da Universidade de Viena.
Para os que madrugades e non puidestes ver a reportaxe, deixámosvos o enlace aquí arriba. As dramatizacións con que adoban a historia son para o noso gusto un tanto truculentas -O proceso de extracción da graxa que recolle a prensa histórica e libros de farmacia realizábase mediante a cocción dos corpos, e non coincide exactamente co que se amosa no vídeo-. Nós particularmente preferimos quedarnos coa parte de investigación, sempre apaixoante, pois nunca se sabe onde acharemos a seguinte peza do puzzle.
NOTA: Avisamos de que Mediaset España bloqueou o noso vídeo. Sorprende que impidan que publicitemos de xeito gratuito e sen ánimo de lucro a nosa aparición no programa, cando a cadena televisiva fai un uso lucrativo da nosa participación, documentación e investigacións. Paradoxas da vida
Mentres se solventa a situación podedes ver o programa na propia páxina de Cuatro, pinchando na seguinte imaxe (a reportaxe aparece no minuto 1:04:52 a 1:28:52). Iso sí, a plataforma de mitele é un tanto molesta pois vése entorpecida con numerosa publicidade
Tamén podedes acceder ao programa no seguinte enlace