DISCOGRAFÍA
2018
Luar na Lubre. Ribeira Sacra (Warner Music)
Colaboramos neste formidable traballo escribindo a presentación do disco, e creando a letra do Cantar de Romasanta, no que tamén gravamos frauta e concertina, e que podedes escoitar aquí
2017
Pancho Alvarez. Celtis Australis (Boa)
Colaboramos neste disco longamente esperado do noso querido amigo Pancho Alvarez no tema “Mestre Florencio“, un par de xotas do repertorio no que gravamos frauta de madeira, trompa e concertina.
2016
Coral de Ruada, De Ruada entre amigos (CD)
Por primeira vez na súa longa historia a Coral de Ruada grava temas con colaboracións de artistas do panorama da música folk galega e de fóra de Galicia.
A nómina de artistas é colaboradores é ampla: Cristina Pato, Irma Fernández Alonso, Gomes Mouro, Brañas Folk (ourensáns); Luar na Lubre, Milladoiro, Treixadura, Os Melidaos (galegos) e Andrew Cronshaw e Tigran Aleksanyan (inglés e armenio, respectivamente). Igualmente participaron os 68 nenos e nenas dos coros infantís dos colexios Concepción Arenal, CEIP Curros Enríquez, Colexio Miraflores e Colexio Padre Feijóo – Zorelle, que colaboraron coa coral durante o curso 2014-15.
Como Gomes Mouro fixemos un arranxo coa Coral dos temas Canto de Ronda de Randín e a Trullada da Vendima.
2013
Oralities 2008-2013 Proxecto Europeo de recuperación da Tradición Oral
Dentro deste proxecto europeo de recolleita de tradicións musicais e orais (lendas, contos…) participamos con catro temas como Gomes Mouro e Música Rabeosa, que podedes escoitar no seguinte enlace
Naquel programa de gravacións e concertos, participaron Portugal, España, Francia, Italia, Bulgaria e Malta.
2012
Pancho Alvarez. Sónche Atlántico (Boa)
Neste último disco (polo de agora!) do artista Pancho Alvarez en solitario, colaboramos no tema Alborada Antiga de Ourense, con frauta, concertina, e acordeón diatónico.
2011
Sanfonices (Difusora de Artes, Letras e Ideas)
Este disco foi gravado por unha vintena de zanfonistas como homenaxe creativa e interpretativa a Faustino Santalices, figura fulcral no proceso de recuperación de usos e espazos para zanfona na Galiza contemporánea, nun concerto en directo realizado no Auditorio Municipal de Ourense o 26 de febreiro de 2011. Participamos como directores do proxecto e asesores musicais. Amosa o amplo espectro de estilos e tendencias musicais no presente da zanfoña na Galiza.
Artistas: Pancho Álvarez, Jesús Pérez Saburido, Antón Castro, Víctor Soto e Iván Abal,
Jaime Rebollo e Rafael Maquieira, Iván Costa, Paulo González Rodríguez, Iván Abal e Paulo González Rodríguez, Begoña Riobó, Tino Baz, Xaime Rivas e Fabio Cebral, Ariel Ninas,
Lucía Comesaña e David Bellas, Óscar Fernández, Pablo Bernárdez e Óscar Fernández,
Gutier Álvarez, Luís Caruncho e Carlos do Viso, Anxo Pintos, Cayetano Amenábar, Carlos Beceiro.
2009
EBA 5.0 O UNIVERSO DE EDUARDO BLANCO AMOR
50 ANOS DESPOIS D´A ESMORGA (libro-cd 2009, Difusora de Artes, Letras e Ideas, Ourense)
Libro-cd absolutamente recomendable, do que podedes descargar o dossier e máis información eiquí
O libro, de 150 páxinas comprende diversos textos e accións en diferentes formas e xéneros: a banda deseñada, o xogo de rol e o ensaio –histórico, artístico e sociolóxico–o deseño gráfico.No cd participaron dez formacións musicais ourensanas con temas inspirados ou relacionados con A Esmorga de Eduardo Blanco Amor. Unha relectura en clave musical dos ambientes, situacións e espazos d’A Esmorga vista por unha selección de grupos musicais e bandas da cidade: Animales Domésticos, Banda Municipal de Ourense, Banda Ourensons, Burgas Beat, Gomes Mouro, Guezzos, Magritte, Perqtores,Sólidos Galicianos, O Sonoro Maxín.
Como Gomes Mouro compuxemos o pasarrúas dos Graxos.
Con Sólidos Galicianos, o cuarteto formado por Pancho Alvarez, Alvaro Iglesias e Félix e Cástor Castro, compuxemos a Mazurca do Cachoupiño.
2009
SUSANA SEIVANE OS SOÑOS QUE VOLVEN.
No 2009 Susana Seivane convidou a Gomes Mouro a participar en diversos concertos ca súa banda, e froito delo gravamos o tema de peche do seu último disco, o coñecido pasodoble de San Roque ao vivo.
2007
O QUIQUIRIQUÍ. CANTOS DE NADAL. (2007, Pai Música)
é un libro-cd-dvd publicado por Pai Música promovido pola Asociación de Gaiteiros Galegos. O libro inclúe fotos e textos sobre os diferentes movementos culturais e tradicionais do Nadal en Galicia, e o cd recolle cancións tradicionais e de recente composición gravadas por músicos do actual panorama musical galego, e conta ademáis cunha pista interactiva en HTML con información imprimible (letras, partituras, documentación extra…) e xogos instructivos musicais. Todo elo complétase co DVD co MAKING OF (ou “como se fixo…”), un documental, e un video clip promocional.
A Unión de Acordeonistas publicou nesta ocasión un doble CD, no que colaboramos co arranxo Muiñeiras de Folgoso e Vilaquinte, a primeira aprendida do grupo Louleada e da que fixemos a nosa versión instrumental, e máis dúas muiñeiras do Gaiteiro José Ramón González, de Vilaquinte (Lugo), recollidas polo investigador arxentino e amigo Norberto Pablo Cirio. A última muiñeira aparece nunha cinta de bobina aberta, enviada nos anos 70 a España, como “carta sonora”, e incluimos o son orixinal co propio Xosé Ramón tocando gaita e caixa.
Cástor: frauta de chaves en Mi bemol. Félix: Anglo concertina. Alvaro Iglesias: Contrabaixo. Xosé Ramón: Caixa e gaita.
2006
UNAC RECOPILATION 2006 (2006, UNAC)
Publicado pola Unión de Acordeonistas, onde se inclúe un arranxo noso da muiñeira de Carelle remezclada e remasterizada
2005
ANGLO INTERNATIONAL (triple cd, 2005 Folksound Records, UK)
Informacións e pedidos en www.angloconcertina.co.uk. Preme nas fotos para ampliar. Preme eiquí para descargar o libreto do cd completo en pdf
Demos dos dous arranxos que incluímos neste triple cd recopilatorio cos mellores tocadores de angloconcertina de todo o mundo: Repimpín e Muiñeira de Sobrado dos Monxes
2004
UNHA VIAXE Á INDIA (2004 Libro-cd Fundación Vicente Risco, Allariz)
Música para a exposición “Unha viaxe á India”, organizada pola Fundación Vicente Risco, con fotografías de Sumit Kumar a caricaturas de Castelao e a textos e debuxos de Risco xunto coa música de Castor e Félix Castro, e serve como homenaxe á inquedanza intelectual que sempre tivo Vicente Risco polas culturas de Oriente e por este pais asiático malia que nunca puidera viaxar alí. Unha inquedanza que non se reducía a un nivel superficial senón que estivo unida á súa actitude vital e ao anhelo de conseguir un modelo que se afastase da decadencia de Occidente.
Risco profundizou dende os inicios da súa actividade literaria na relixión e na mitoloxía da India, nos pensamentos hindú e budista, que influiron no seu xeito de concebir a vida sempre desde a perspectiva de dignificación da indentidade hindú desenvolvida por Gandhi e de oposición contra o dominio dos países occidentais sobre os orientais.
Dispoñible libro e cd coa música e as imaxes da exposición.
2002
FLAVIO BENITO MARA
Colaboración no primeiro disco en solitario do famoso gaiteiro asturiano Flavio, ex-gaiteiro de Llan de Cubel (CD/MC2002 Fonomusic).
Cástor Castro: Frautas de madeira en Fa e Sol, en 1 Muiñeires, 2 Valdeflora, 4Alborada, 5 L´Añada, 8 Saltón, 9 Durmite neñu e 12 Mara.
Igor Medio: Bouzouki e guitarras. Salva López: Teclados Lisardo Prieto: Vigulín. Daniel Lombas: Bodhran. Ara Costas: Voz.
Fonsu Fernández: Zanfona. Javier Tejedor: Curdión diatónica.
NOITEBREGOS (CD/MC 2002 Sons Galiza)
Arranxo e colaboración nos cortes 9 e 10 Muiñeiras (Muiñeira dos Trintas, montañesa, e da Fonsagrada) no primeiro disco deste grupo trivés.
Cástor Castro: Frauta de madeira e bouzouki. Félix Castro: Concertina. David Luis: Acordeón diatónico. Lara Ausensi: Teclados e voz.
Patricia Álvarez: Violín. Iván Armenteros: Batería. Iago Vidal: Guitarras. Daniel Dóminguez: Gaita e frautas. Francisco García: Baixo
Irene Prieto: Percusión
2001
PANCHO ALVAREZ NAS CORDAS
Colaboración no segundo traballo en solitario de Pancho Alvarez (CD/MC 2001 Do Fol).
Pancho Álvarez: violíns, mandolina, bouzouki, baixo, guitarra acústica e électrica, concertina, percusións e voz
Coa participación de:
Félix Castro: Concertina nos cortes 3 Muiñeiras do Mar, 6 O canciño do 127, e 13 Alalá de Padrón, Acordeón diatónico no corte 5 Vals de Florencio.
Cástor Castro: Frauta de madeira nos cortes 3 Muiñeiras do mar, 5 Vals de Florencio, 13 Alalá de Padrón, 15 Muiñeira e 16 Alborada.
Fernando Fraga: Acordeón. Alvaro Iglesias: contrabaixo. Miguel Seoane: guitarra
Xurxo Núñez: bombo, tamboril, vibráfono, tambores, pandeiretas, guitarra. Carlos Núñez: frauta
Eiquí podendes descargar algúns mp3s do disco
http://www.galego21.org/ravachol/grupos/alvarez/alvarez2.htm
2000
Varios grupos CANTIGAS DE NADAL (CD/MC, 2000 Do Fol)
Unha producción moi coidada de temas orixinais sobre cancións tradicionais galegas de Nadal, arranxadas e interpretadas por once recoñecidos artistas galegos: Berrogüetto, Leilía, Uxía, Pancho Álvarez, Na Lúa…
Colaboramos con Pancho Alvarez no seu Canto de Reis con frauta de madeira e concertina.
1999
CITTERNS ON ICE II
Segundo recopilatorio en doble cd, con novos temas, realizado en 1999.
Nesta ocasión presentamos no disco Alalá de Faustino Santalices / Muiñeira / Rumba / Saltón .
(Actualmente inactivo) Pódense encargar online ou descargar dende: www.cittern.com/coi2
1998
CITTERNS ON ICE I
Cd doble non comercial, sóo adquirible por internet, realizado no 1998 en USA por Mike Berro, recopilatorio de músicos de cittern (bouzouki) de todo o mundo.
Incluímos un arranxo: Muiñeiras de Carelle, Padrón, A Fonsagrada, interpretadas con bouzouki, frauta de madeira, gaita en Bb pechado e concertina, coa colaboura de Fernando de Vicente ao bodhran
(Actualmente inactivo) Pódense encargar online ou descargar dende: www.cittern.com/coi1
1997
FELPEYU TIERRA
Colaboración no Segundo traballo de Felpeyu (CD/MC 1997, Fonoastur S.L.).
Xuan Nel Expósito: Curdión Diatónicu, Gaita Asturiana. Ruma Barbero: Percusión
Toño Gómez: Vigulín. Elías García: Vigulín, Bouzouki, Voz. Ígor Medio: Bouzouki, Guitarra, Baxu Pedal, Voz
Carlos Redondo: Baxu Llétricu, Guitarra, Voz.
Colaboracións: Cástor Castro: Flauta de Eb (‘Xiringüelos’, ‘Veriña’). Salvador López: Hammond (‘El Besu’, ‘Ibias’)
Manolín Durán: Tambor Asturianu (‘Xiringüelos’, ‘Alboráes’). Peter Íleon: Panderu Asturianu y Caxón Flamencu (‘Veriña’); backing vocals (‘Salíi Moces’)
Fernando Álvarez-Balbuena: Lletres (‘Tierra’). Boni Pérez: Lletres (‘El Besu’)
Máis información en www.felpeyu.com
O disco foi presentado no Teatro Jovellanos de Uvieu, e recentemente foi subido a Youtube
Xiringüelus
Veriña
SEIXA
Cortometraxe realizada en 1997, dirixida polo ourensán Alberto Lameiras Vilanova, Música a cargo de Aser Orbán
Colaboración musical (percusións, pandeiro, gaita, roncos).
1993
V CERTAME DE MÚSICA FOLK GALEGA (CD/MC, 1993. Edicións Discográficas Galegas)
CD recopilatorio cos gañadores do Concurso de Grupos Folk de Vilagarcía de Arousa. Felpeyu, daquela grupo astur-galego, grabou dous cortes, A Mazurca Dos Beiros yPasacorredoiras/Muñeira de Ramelle/Aninovo, ambos tradicionais galegos, que formaban parte do repertorio galego que traballara o grupo.
A Mazurca dos Beiros, non chegou a saír no cd pois desapareceu no cd final por un erro na duplicación. Podedes escoitar en rigorosa primicia aquel arranxo eiquí. (C) 1993 Felpeyu
Cástor Castro: frautas de madeira en Re e Sol. Félix Castro: Gaita galega en Re, uileann pipes e pito galego
Ruma Barbero: bodhrán. Xel Pereda: guitarra. Igor Medio: bouzouki.
BIBLIOGRAFÍA
En proceso de actualización
2016
Humberto Maggi. The Saint Cyprian Book, Nephilim Press (USA, Carolina del Norte)
Félix Castro Vicente fixo a presentación e introdución do libro e proporcionou as imáxenes de grimorios antigos da súa colección para esta obra
“El grupo Teosófico Marco Aurelio de Pontevedra” en Volume XV (2016) do Anuario Valle Inclán, Anales de la Literatura Española Contemporánea/cunqueiroAnnals of Contemporary Spanish Literature
“Faustino Santalices Muñiz. Doutor en Mediciña e Cirurxía, Afiador”. Actas do V Congreso de Patrimonio Etnográfico (CCP Xaquín Lorenzo, Deputación de Ourense)
2015
Exposición “Manuel Blanco Romasanta. O home do unto” na Fundación Vicente Risco de Allariz, nas V Xornadas Romasanta
2014
Comunicación “Transformations in the organology of the bagpipes in Galicia: the case of martial bagpipes”. Actas do Congresso Internacional de Organoloxía Animusic 2014 Vol.III
Comunicación “Transformacións na organoloxía da gaita en Galicia: O caso da gaita marcial”
En 2014 elaboramos dúas comunicacións sobre a invención da gaita marcial en Galicia; unha para o congreso internacional de Animusic (en inglés), que despertou moitísimo interese entre os congresistas, e no que participaron investigadores da talla de Jeremy Montagu.
E outra comunicación máis completa, que autopublicamos, e que presentamos no congreso de Organoloxía da Asociación de Gaiteiros Galegos en Ourense.
2012
Romasanta Historia y leyenda, Auria Editorial
2011
“Álvaro Cunqueiro e o Dicionario Infernal de Collin de Plancy“. Actas congreso Mil e un Cunqueiros. Consello da Cultura Galega.
2011-2014
Congreso “Faustino Santalices. A ciencia da gaita, a consciencia da zanfona”. Actas
2008
Libro-cd Os Sons da Limia. Música tradicional. Difusora de Letras, Artes e Ideas
2007
Las ediciones españolas del Diccionario Infernal
Revista Hibris de Bibliofilia (2007, Misèria&Cia.)
Año VII Número 39 maio-xuño 2007
Artigo sobre as ediciónes españolas do Diccionario Infernal de Colin de Plancy (1ª ed. Española en 1818), un dos primeiros compendios de temática etnográfica, e obra moi apreciada por Alvaro Cunqueiro como fonte de datos para os seus escritos.
2006
Acaba de publicarse o último número da revista da Coral de Ruada, cun artigo de Félix Castro sobre a primeira presentación da Coral De Ruada ao público segundo apareceu reflexada no semanario da época o “Tío Marcos da Portela“.
Rosendo Pons. Editor y Ocultista (I)
Revista Hibris de Bibliofilia (2006, Misèria&Cia.)
Año V Número 32 marzo-abril 2006
Estudio sobre a figura deste eminente editor barcelonés de libros de ocultismo, que fixo algunhas das mellores edicións de grimorios en castelán na década dos anos 20.
Rosendo Pons. Editor y Ocultista (y II)
Revista Hibris de Bibliofilia (2006, Misèria&Cia.)
Año V Número 33 maio-xuño 2006
O cego da Gándara: Unha vida prodixiosa
Revista Lethes. Cadernos culturais do Limia (2006, Centro de Cultura Popular do Limia)
Número 7 Inverno 2005 – 2006
Artigo de Delfín Caseiro e Cástor Castro sobre a vida e prodixios de José Dacal Peaguda (1876-1939), violinista cego da Gándara-Porqueira.
Os músicos da Limia
Cultura tradicional e desenvolvemento rural (2006, Eds. Xavier Simón Fdez e Xavier Prado Orbán)
Artigo de Iván Area Carracedo e Cástor Castro sobre as investigacións desenvolvidas na Limia para a elaboración do Catálogo de Músicos, e actividades xeneradas a partir de las e cómo inflúe na comarca.
2005
Catálogo de músicos da Limia: Música tradicional. Difusora de Artes, ideas e Letras, para o Museo da Limia
É unha experiencia que entendemos novidosa a nivel galego, por canto, partindo de recolleitas previas que tiñamos feitas dende o ano 94 tanto xente da Aula Gomes Mouro (Cástor e Félix Castro, Iván Area, Fran Gómez Cano…), como Pablo Carpintero, e mesmo algún material achegado polo Colectivo Castro Floxo, que nos daba un listado duns 15 músicos, adicámonos a realizar novas entrevistas, novas grabacións dos repertorios, visitar gaiteiros citados polos anteriores e pendentes de recoller, entrevistar a familiares dos xa falecidos pra que nos deran máis datos sobre a súa vida, etc. etc.
Froito deste intenso traballo o listado final mostra máis de 125 músicos tradicionais (máis de 250 ao contar individualmente os membros de cada grupo -caixa, bombo, etc.-), dos que no Catálogo saen referenciados 79, e abrangue dende finais do S. XIX ata máis ou menos os anos 80. Recóllense tanto gateiros solistas, grupos de gaitas, acordeonistas (principalmente de diatónico), violinistas e acordeonistas cegos, e mesmo algunha Música, e tamén de modo testimonial varias cantareiras destacadas.
Neste catálogo, de 68 páxinas, inclúense ademáis 16 partituras seleccionadas do repertorio dos músicos que aparecen, que se poñerán para descargar en internet no audio orixinal, e fotografías antigas.
Dada o inxente material acumulado (máis de cen entrevistas, máis de 80 hs. de audio, máis de catrocentas pezas de repertorio, e moitas fotografías antigas, etc.), xa estamos a elaborar unha obra completa na que se vertirá íntegramente o material atopado que esperamos estea lista a finais de ano.
Igualmente estamos a ultimar monografías específicas, como é unha recopilación dos romances da Sra. Hermelinda de Sarreaus.
O equipo de traballo foi o seguinte:
Autores:
Coordinación da obra: Cástor Castro
Investigación: Cástor Castro, M.ª Socorro Rúa, Iván Area, Roberto de Andrés,Félix Castro, María del Carmen Gil, Pablo Carpintero
Texto: Delfin Caseiro, Cástor Castro
Reportaxe fotográfica: Alba Vázquez
Arranxo gráfico: Edenia | http://www.edenia.org
1.a edición: maio de 2005
www.difusora.org Edición para o Museo da Limia www.museodalimia.com, co patrocinio do Inorde
Compra na web www.torga.net
O día 21 de maio pasado se fixo a presentación do libro no programa “Lume na palleira” na Radio Galega, dunha hora de duración, e no que puxemos material de recolleita obtido durante a investigación.Podedes descargalo eiquí o programa íntegro en mp3
O Libro de San Cipriano (I)
Revista Hibris de Bibliofilia (2005, Misèria&Cia.)
Año V Número 27 mayo – junio 2005
Primeira parte dun amplo e detallado artigo resumindo cinco anos de investigacións realizadas por Félix Castro sobre bibliografía esotérica en castelán e portugués, en particular grimorios (libros de maxia e conxuros), e fundamentalmente no coñecido como Libro de San Cipriano ou Ciprianillo.
O traballo céntrase dende o pundo de vista da bibliofilia. Despois dunha pequena introducción sobre a figura de San Cipriano, sobre os libros de maxia en Europa e na península ibérica, analiza comparativamente os textos existentes tras examinar máis de 30 edicións diferentes do Libro de San Cipriano, buscar citas e referencias bibliográficas ao libro, e estudar edicións doutros grimorios publicados en Europa dende o séc. XIX.
A primeira parte do artigo podédelo ver no seguinte enderezo:
http://www.hibris.com/articulos/027hibris/sancipriano1/sancipriano1.asp
O Libro de San Cipriano (e II)
Revista Hibris de Bibliofilia (2005, Misèria&Cia.)
Año V Número 28 julio – agosto 2005
The Flow http://www.theflow.org.uk páxina web realizada polo frauteiro escocés Gordon Turnbull e adicada á frauta de madeira en Irlanda e estilos tradicionais, ven de incluír na súa sección sobre Outras tradicións unha pequena explicación que lle remitimos sobre a frauta de madeira na Galiza, tipoloxías (requinta, frauta de chaves, frauta de cana…) e algunha fotografía.
2004
Revista Murguía
nº. 4, adicado á Música Patrimonial Galega (2004 Asoc. Galega de historiadores)
Número especial, elaborada pelo Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín para o que fixemos dous traballos: Tipoloxías da frauta en Galicia e referencias literarias e impresas no S. XIX, e sobre a Historia do acordeón diatónico e referencias publicadas no Tío Marcos da Portela..
Contidos: Na sección Fontes Interesante artigo ao músico e compositor vigués Teodosio Vesteiro Torres, ao que lle segue a memoria do CMFTL da man de Ugia Pedreira xunto unha reseña do I Curso de música tradicional galega que se desenvolveu en Compostela entre o 2003 e o 2004. De seguido na sección Investigación Ramom Pinheiro aprofunda no que foi o contexto que viu nascer en 1904 ese primeiro disco galego da pontevedresa agrupación coral Aires d’a Terra. Norberto P. Cirio apreséntanos o proceso de cambio na gaita galega ao longo da historia, introducíndonos José Piñeiro na construcción deste instrumento. Martín Blanes biografía ao famado violinista galego Manuel Quiroga, facendo o propio José Luís d.P. Orjais con Marcial Valladares arredor dun seu cancioneiro inédito (?). Roberto de Andrés, trata a internet aplicada á acústica musical, e a maiores inclúense entrevistas a Mini e Mero, do grupo A Quenlla e aLuís Bará, responsábel de cultura do Concello de Pontevedra, e unha lembranza a Manuel María, recentemente falecido, un dos máis grandes poetas da Galiza e dos máis musicados.
