Tamos moi agradecidos a Noe pola súa sempre agarimosa acollida e trato na Arca da Noe en Vilar de Santos o pasado venres.
Foi un concerto moi animado, cun público entregado 🙂 e no que aproveitamos para amosar variedade de temas e instrumentacións, diversos tipos de gaita e percusións, que enriquecen a tímbrica da música tradicional, das que temos recollido nestes case trinta anos de aprendizaxes musicais.
Tamén contamos historias e puxemos algúns audios orixinais de frauta de madeira, acordeón diatónico, e dos músicos de quen tanto temos aprendido e nos inspiran: o Sr. Pepe da Caseta, o Sr. Feliciano Novelle….
Gústanos tocar, gústanos vervos beilar, gústanos contar historias, gústanos escoitalas e gústanos facer que a tradición, a memoria e o espectáculo continúe!
Como tarxeta de presentación subimos a Youtube os pasodobles con que abrimos os nosos concertos, pero podedes ver o concerto completo, con presentacións, bromas incluidas, sen trampa nin cartón, no Facebook da Arca da Noe!
Concerto gravado en directo, Facebook





