Investigacións e actividades en Música tradicional, Etnografía galega e Artes marciais. Arquivo Castro Vicente, rex. nº 2013/01752 Sección 1ª Rexistro Central de Asociacións de Galicia. Este Blog é unha Revista Electrónica cos Dereitos de Autor rexistrados ISSN 2386-9518
«La Coronela», é un fermoso tema tradicional castelá, que aprendemos Félix e Cástor nos nosos estudios de frauta charra na Escuela de Cultura Popular Angel Carril de Salamanca a inicios dos 90.
Ensinóunola o Sr. Isaías, gran gaitero, oriundo de Almendra (Salamanca).
Dende sempre nos prestou para facer a nosa propia versión folki, e aquí a tedes en riguroso estreo na Arca da Noe o pasado 11 de marzo. Interpretámola cunha ulna, que é unha frauta de tres furados tradicional salmantina, feita có óso cúbito da dá de voitre, e ten un son precioso e espectacular.
www.girandoporsalas.com Girando por salas é un circuito de salas de toda España, no que se seleccionan 26 artistas de todos os estilos musicais y se organizan xiras por distintas comunidades.
No plazo de inscrición de grupos, pasaron 739 propostas
A selección faina un xurado profesional, pero como soe ser habitual, hai un momento de votación popular. Agora mesmo e ata o próximo martes 5 de abril ás 18 h ábrese o prazo para votación popular e os 20 grupos máis votados recibirán un punto extra na selección final.
Se vos apetece votar por TOR, podedes facelo rexistrándovos na páxina de girandoporsalas.
Debaixo poñemos unhas instruccións para facelo máis fácil 🙂
o crítico musical Carlos Rego ven de publicar na Revista Tempos Novos 298 de marzo 2022 un informe cultural con interesantes reflexións sobre a música de raíz en Galicia, con ocasión do fenómeno Tanxugueiras.
Nel tamén fala de TOR e o celtismo folkie. Moitas gracias por visibilizar o noso traballo e proposta musical!
A revista galega de cultura Tempos Novos acaba de publicar unha reseña ao cd de TOR, moitas gracias a Carlos Rego e os editores! E un honor compartila con Caamaño & Ameixeiras!
Nestes tempos tan complicados, no que é tan difícil visibilizar o traballo e os proxectos, que un medio de difusión galega como a revista “Tempos Novos” faga unha reseña sesuda sobre o Cd de TOR, amosando un coñecemento e sensibilidade á proposta musical que facemos, é moi moi de agradecer.
Un dos grandes gaiteiros dos que TOR interpreta temas é Xosé Ramón Fernández. Del incluímos tres muiñeiras e unha marcha procesional no noso CD «TOR-Folk Céltico da Galiza» (Inquedanzas, 2020). A Xosé Ramón, nado en Vilaquinte-Cervantes (Lugo), e emigrado á Arxentina moi xoven, coñecímolo gracias ao gran investigador e antropólogo Norberto Pablo Cirio, que o gravou nos anos 90 naquel país.
Neste vídeo documental que acaba de subir Norberto Pablo Cirio a Youtube, do máximo interese dende o punto de vista musical, antropolóxico e por suposto humano, podédelo ver a partir do minuto 7:56 interpretando unha muiñeira, que nós incluimos no set “Vilar”.
José Ramón González, gaiteiro de Vilaquinte. Foto: Norberto Pablo Cirio, 1997
Norbeto Pablo tamén publicou diversos traballos sobre José Ramón, como este dipoñible en Academia.edu «Recordando a Galicia y Asturias desde Argentina» , que podedes descargar para coñecer máis sobre a súa música e vida.
O vindeiro venres 11 comezamos co primeiro concerto de TOR de 2022 na Arca da Noe de Vilar de Santos, nos próximos días daremos máis información do concerto onde estrearemos temas novos!
Tamos contentos de vos comunicar que TOR co tema «Alboradas» acadou no mes de Decembro o 2º posto da lista TOP 40 tracks-West European en Ethnocloud, plataforma colaborativa dixital de World Music e étnica radicada en Toronto-Canadá.
E na sección de vídeos, ocupamos os postos 3 e 4 no TOP 40 videos-West European nada menos, coas magníficas producións de Beabesada Estudios: «Cachoupiño» e «Argomoso»!
Gracias a todos/as polo voso continuo apoio. A polo 2022 !
O pasado sábado 27/XI/2021 estreamos por fin a gaita de cana en Eb, do amigo e artesán Pablo Carpintero, un son especialmente agarimoso e delicado.
Con ela interpretamos a Marcha do meu pobo (Manuel Dopazo) e Muiñeira de Modesto Sánchez, na X Gala Arenteira celebrada no Auditorio Municipal Manuel María do Carballiño, organizada por Cer&Ber e o Aparthotel Arenteiro, e retransmitida en directo por Badal Novas.Aquí queda unha das nosas intervencións:
Moitas gracias por contar con nós e felicidades aos galardoados!
Deixamos aquí algúns vídeos máis do concerto no Teatro Coliseo de Eíbar o pasado 22/X/2021 cos colaboradores, unha experiencia marabillosa, incluindo os bises, uns temas vascos aprendidos nesa semana para poder ofrecelos ao público de Euskadi! Eskerrik Asko!