Arquivo da categoría: Sen especificar

Ficcionario Musicanimal, de Fran Guede e Alberto Carballo

Ás veces recibe un agasallos fermosos e inesperados que lle confirman que a Maxia existe. Fai xa casi dous meses deixáronnos de forma anónima un libro no noso café habitual, que non pode pudemos parar de ler e desfrutar. Foi unha agradable sorpresa que nos ilusionou moito a nós e ás nosas familias 🙂 cunha breve e sentida nota na que nos pedían que se nos gustaba, que o recomendáramos, o que non dubidamos en facelo.

Despois de días investigando, o autor deuse a coñecer: O Ficcionario Musicanimal, son textos de Francisco Javier Guede e ilustracións de Alberto Carballo. Un libro cheo de ficcións animais, musicais, e palabras inventadas…. Seguindo a orde do alfabeto, os animais e os instrumentos vánse sucedendo en inxeniosos e imaxinativos xogos e asociacións de ideas !

Cada páxina e cada debuxo abre un mundo evocador e marabilloso, moitísimas felicidades aos autores por sacar adiante este traballo, tan coidadamente editado por www.autografia.es Preguntade nas vosas librarías habituais e senón pedídeo pola web, non vos defraudará!

Fontes da figura do Peliqueiro (I)

1.- A HISTORIA DUN LINCE

Como xa se achega o tempo do antroido, imos comezar unha serie de artigos amosando algúns resultados da nosa investigación en curso sobre a orixe e evolución de figura do peliqueiro no referente á vestimenta, deseño e outros aspectos.

A orixe de esta investigación comezou cando un bo amigo noso, Santiago Conde Fernández, falando coma moitas outras veces sobre o entroido, comentoume que el tiña na casa dos seus pais unha máscara de peliqueiro que mercara o seu pai a principio dos anos 60. A máscara, na que destaca o seu nariz prominente, amosa na feitura a súa antigüidade, allea ao proceso de estandarización que ten ocorrido nos últimos trinta anos.

Cando ma ensinou, a figura do lince impoñente da mitra chamoume a atención. O seu estado de conservación era bastante bo tendo en conta que tiña máis de cincuenta anos, salvo que lle faltaba a barba da careta. Santiago contoume que o seu pai, persoa moi interesada na etnografía galega, particularmente no entroido, e vinculado familiarmente a Verín, conseguíraa cando traballaba nun banco en Verín a principio dos anos sesenta a través de outro traballador da entidade que lla encargara e mercara en Laza.

Preguntando sobre a careta a Manuel Quintas “Dopa”, amigo común de Santiago Conde e noso, e testamenteiro dende fai moitos anos en Laza, deunos máis datos sobre a mesma, desvelando o significado das iniciais da firma do debuxo da máscara.

Transcribimos a continuación o seus comentarios polo seu interese:A de Alfonso (o meu pai) L de Lolo (Lolo da Gina) Non hai a máis mínima dubida. A cara da careta fíxoa o Jarabasio, por aquel entonces era o que mellor as facía, por non dicir o único, despois a montaxe, lata, cerrón, sombreiro, etc. foi cousa do meu pai, que tamén colaborou no debuxo, aínda que iso foi cousa do Lolo, que para min foi o que mellor interpretou a presenza do elemento na pantalla. Eu pintei moitisimas caretas, de peliqueiros sei algo e teño claro que non é a perfección do debuxo o que prima senón o plasmado e sobre todo que destaque. Non quere dicir que un bo pintor deixe ben unha careta, pode deixar perfecto o debuxo si, pero hai cousas máis importantes.”

Estes acertados comentarios poñen de manifesto algo que se ten apreciado nos últimos tempos, en que se ten visto unha clara evolución cara á estandarización e a certa calidade artística na figura e estética do peliqueiro, igual que ten ocorrido noutras máscaras do entroido, menoscabando posiblemente outros aspectos que orixinariamente serían igualmente importantes, tales como a capacidade de impresionar aos espectadores que presenciaban a representación ritual do entroido que levaban a cabo estas figuras.

Coñecedores por outros traballos de investigadores da comarca, como Nieves Amado Rolán entre outros, que a xente que pintaba as caretas se inspiraba e tomaban como modelos imaxes das máis variadas procedencias, moitas veces de revistas, etc. atopamos o modelo que serviu de base para o debuxo do lince e seguramente a outras moitas caretas da mesma época.

O modelo resultou ser un lince aparecido nunha caixa de mistos de FOSFORERA ESPAÑOLA S.A. (fosforera ubicada en Aragón en funcionamento ata principios dos 90) con debuxo ilustrado por Ernesto Cerra. O lince da máscara ten sen embargo un aquel máis fero e impresionante que o propio da ilustración de Cerra, tal como lle corresponde a unha máscara de peliqueiro.

As caixas de mistos de FOSFORERA ESPAÑOLA S.A. estiveron ilustradas durante anos 60 e 70 por animais da máis variada índole debuxados por este coñecido ilustrador; sendo famosas as súas series de animais salvaxes, cans, peixes, aves, animais prehistóricos, flores, etc. Estas series de fauna mariña, fluvial, salvaxe, prehistórica, fauna española en perigo, caza menor, flores de xardín, bolboretas, traxes e bailes de España, traxes de América, etc. seguen sendo moi buscadas por coleccionistas. 

Evidentemente non todas estas ilustracións serían válidas para ocupar a mitra dun peliqueiro, polo que as que se empregaron serían fundamentalmente as de animais salvaxes, aves e cans.

Adquirimos recentemente un lote de 260 caixas de mistos para poder seguir indagando e atopando modelos doutras caretas de peliqueiro coetáneas a esta. Se alguén quere que busquemos un modelo particular pode contactar con nós ao respecto.  

Volvendo ao lince da máscara, este mesmo modelo foi empregado igualmente noutras máscaras de peliqueiro presentes no entroido de Laza nos anos 60 que temos visto en fotografías da época, manténdose en ambas a cor gris do animal e engadíndoselle unha parte de lombo co pelaxe para ocupar máis a mitra.

Sen embargo esta cor gris non é a propia do lince ibérico (parduzca), que é o que parece que se quere representar na caixa de mistos (pola descrición en que se lle da o nome científico de linx pardelus –realmente lynx pardellus- e se fala da súa distribución na península ibérica). En realidade a cor gris correspondería máis ben a algúns exemplares do lince boreal (lynx lynx), especie de lince europea de maior tamaño, que chega a pesar incluso 30 quilos e acercarse ao porte dun mastín como se describe no texto da caixa de mistos.

Este modelo do deseño de Cerra foi o que empregamos tamén para pintar a nosa careta recentemente, tentando ser máis fieis ao orixinal e dándolle unha cor máis alaranxada, que correspondería máis a un lince dos que habitaron Galicia noutro tempo.

Anuario Valle-Inclán XV 2016

Scan-160705-0001

 

Recén recollido hoxe en Correos, podémosvos confirmar que xa está impreso e dispoñible o Volume XV (2016) do Anuario Valle Inclán, Anales de  la Literatura Española Contemporánea/Annals of Contemporary Spanish Literature, coeditado por Margarita Santos Zas (Santiago de Compostela) e José Manuel Pereiro Otero (Temple University), publicado pola SSAS Society of Spanish and Spanish-American Studies de Glenside-Pennsylvania (USA), co apoio da Temple University e a USC, no que Félix aportou un estudio sobre a relación de Valle Inclán co grupo teosófico Marco Aurelio de Pontevedra para o apartado de documentación.

Scan-160705-0002

 

Aquí un pequeno previsualizado (preview) dos contidos.

 

 

I Copa Mediterránea de artes marciais coreanas, 26/X/2013

hdgd almeria

 

O vindeiro venres desprazarémonos a Almería para participar o sábado 26 de outubro na I Copa Mediterránea de TKD, HKD e HDGD, na exhibición de Haidong Gumdo (Espada coreana) e posterior competición, que terá as seguintes seccións: Gumbubs (táboas ou formas), corte de bambú e corte de papel.

A día de hoxe aínda non sabemos se participaremos como xuízes, ou ben na competición (como dí o noso Maestro, hai que estar preparados para o que sexa!).

 

 

Aguantando cachones, de Ruma Barbero

Para principiar esta nova temporada tralas vacacións, nada mellor sumerxirse no formidable fanzine dixital Aguantando cachones do amigo Ruma Barbero. http://aguantandocachones.blogspot.com.es/

Quen nos coñecedes ou teñades curioseado algo polo noso blog, xa sabedes da nosa estreita relación con Asturies e o grupo Felpeyu, que iniciamos aló polo ano 92 con Igor Medio e Ruma Barbero en Salamanca. Ambos amáis de grandísimos amigos nosos e estupendos músicos, adicáronse e adícanse a fondo ao deseño, debuxo e banda deseñada, con moita experiencia ás costas e salientables traballos, sempre comprometidos ca música, a llingua e a cultura asturiana. Esperamos que vos preste tanto como a nós.

Antropoloxía das Artes Marciais

Non abondan os estudios antropolóxicos sobre as chamadas Artes Marciais. A proliferación e continua ramificación de estilos, escolas, nacemento de novas tendencias, amosan que é un mundo en continuo crecemento e evolución.

No ano 2009 Félix realizou dentro dos seus estudios para a Licenciatura en Antropoloxía (en concreto na asignatura Antropoloxía Cognitiva e Simbólica) o traballo “Análisis sobre un ritual: Las clases de Taekwondo en el Gimnasio Club Lee Ourense“, que mais aló do que o propio título suxire, trata a temporalización das clases, técnicas impartidas, etiqueta, o camiño do cinturón negro como peregrinación, a concepción e finalidade das Artes Marciais. Nel sintetízanse moitas reflexións e vivencias dos máis de trinta anos que levamos no camiño do Taekwondo co Maestro Lee Dong Kyu, e esperamos sexa do voso interese.

 

Homenaxe a Secundino Feijóo, precursor do circo moderno. Unhas letras de Faustino Santalices

A Romaría Raigame en Vilanova dos Infantes (Ourense) é unha cita ineludible todos os 17 de maio, Día das Letras Galegas, para os amantes das tradicións galegas. Vai xa pola XIII Edición que o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo Xocas nos convoca para disfrutar desta ampla mostra de artesanía, exposicións, música tradicional, e xogos populares. Podedes acceder á programación e eventos en www.romariaraigame.com

Iste ano os organizadores homenaxean ademais ao mundo do circo, nas persoas de Secundino Feijoo e o Padre Silva, dous referentes que levaron o nome de Ourense polo mundo enteiro.

Secundino Feijoo (1864-1936), oriundo de Vilanova, creador do Circo Feijoo, xerme do Gran Circo Americano, foi o iniciador do circo moderno en España. Coma soe ocurrir, non foi profeta na súa terra e os seus conveciños pouco proveito lle vían a aquelas primeiras ensaios e funcións con vacas e burros que organizaba.

Cartel do Circo Feijoo. Museo del Traje CIPE Centro de Investigación del Patrimonio Etnológico

Con unánime admiración tralos grandes éxitos despois dunha vida de traballo, tívose a finais dos anos 30 un grande banquete-homenaxe póstumo a Secundino Feijoo en Ourense, no que Faustino Santalices leu unhas sentidas palabras que se conservan no Arquivo Faustino Santalices Muñiz e que hoxe queremos publicar de novo para unirnos a iste recoñecemento ao Circo e a Secundino Feijoo.

Feijoo e Santalices, dous homes que creron nos seus soños e que os levaron adiante, abríndonos todo un futuro na música e no circo que hoxe gracias a eles disfrutamos.

Documento en Arquivo Faustino Santalices Muñiz. Fotografías por Mark Ritchie

Para saber máis sobre o Circo Feijóo, podedes visitar o moi recomendable blog Ourense no tempo, adicado a rescatar a memoria visual ourensá. http://ourensenotempo.blogspot.com.es

VI Seminario Nacional de Espada Coreana en Ourense 18-5-2013

VI Seminario de HDGD

 

Entre as nosas diversas actividades están tamén as artes marciais, dende que alá en novembro do 82 (o ano do Naranjito) iniciamos o Do co noso Maestro de Taekwondo Lee Dong Kyu.

Esta fin de semana temos Seminario en Ourense de Haidong Gumdo, Espada coreana, onde entrenaremos tablas ou formas, corte de papel e corte de bambú, e o domingo exame para 3er Dan. É de entrada libre, así que se alguén ten curiosidade por ver esta bonita arte marcial coreana, esperámosvos polo Pabellón dos Remedios.

Actividades ESCUA (Espazo Cultural Aberto) para xullo-xuño 2012

O colectivo de asociacións culturais ourensás ESCUA, que reivindica un hotel de asociacións para poder centralizar as súas actividades, dinamiza por segundo ano consecutivo a cultura do verán ca programación Veranéarte.

Hoxe á tarde, cursiños de birimbao e danzas do mundo, organizados por Gomes Mouro e Algaravía.