Artes Marciais

exhibicion maestroPara quen nos coñeza polos nosos traballos en música e antropoloxía galega, é posible que lles sorprenda atopar na nosa páxina numerosas entradas e informacións sobre artes marciais.

No ano 82 comezamos a nosa aprendizaxe de Taekwondo co Gran Maestro Lee Dong Kyu (9º Dan de Taekwondo e 7º Dan de Haidong Gumdo). Eran tempos nos que houbo un gran boom das artes marciais e comezaban a abrirse os primeiros ximnasios en Ourense (Karate, Judo, Taekwondo e full contact eran as ofertas que había). O Taekwondo era daquela practicamente descoñecido, a rigorosidade dos entrenamentos era notable, moi diferente á mentalidade deportiva extendida nos últimos tempos.

No ano 2000 o gran Maestro Lee Dong Kyu introduciu o Haidong Gumdo (espada coreana) en España, como presidente da asociación española de HDGD, impartindo cursos periódicamente en Madrid, Cataluña, Andalucía, Valencia, Asturias. As diferencias na técnica, dinámica, e movemento no espazo que supón un arte marcial con armas, moi complementario e diferente ao TKD, animounos a aprender tamén esta nova disciplina.

Hoxendía temos o 5º Dan de Taekwondo e o 4º Dan de Haidong Gumdo.

Nesta última arte marcial temos participado en diversos campionatos nacionais e internacionais, cos seguintes resultados:

I Campionato do Mundo de Haidong Gumdo (Kwangwondo-Corea do Sur. Xullo 2002)

Cástor. Medalla de ouro en gumbub (formas), na categoría de cintos de color

Cástor e Félix: Medalla de bronce en kyokgum (combate de exhibición)

I Campionato de Europa de HDGD (Baar-Suiza, Xuño de 2007)

Félix: Bronce en gumbub (formas, categoría de cintos negros)

I Copa Mediterránea de Artes Marciais Coreanas (Almería, outubro de 2013)

Cástor: Ouro en gumbub (formas, categoría de cintos negros)

Félix: Bronce en gumbub

Cástor e Félix: Ouro en combate de exhibición

II Campionato de Europa de HDGD (París-Francia, Outubro de 2014)

Cástor: Ouro en corte de papel, e bronce en corte en lanzamento (categorías > 2º Dan).

Félix: Bronce en gumbub (formas) e bronce en corte en lanzamento (categoría > 2º Dan).

Cástor e Félix: Prata en combate de exhibición

 

I Campionato de España de HDGD (Ciudad Real, decembro de 2014)

Cástor: Ouros en gumbub (formas) e corte de papel (nas categorías para cintos negros)

Félix: Pratas en gumbub (formas)  e corte de papel (nas categorías para cintos negros)

 

Tamén participamos no III Campionato Europeo-1er Euromulimpia,  e nos sucesivos campionatos españois, máis adiante actualizaremos o palmarés.

Nestes momentos estamos coorganizando o IV Campionato de España de Haidong Gumdo que terá lugar en Ourense en Novembro de 2018, do que vos manteremos informados nas entradas diste blog.

 

dsc7582.jpg