Investigacións e actividades en Música tradicional, Etnografía galega e Artes marciais. Arquivo Castro Vicente, rex. nº 2013/01752 Sección 1ª Rexistro Central de Asociacións de Galicia. Este Blog é unha Revista Electrónica cos Dereitos de Autor rexistrados ISSN 2386-9518
WordPress.com is excited to announce our newest offering: a course just for beginning bloggers where you’ll learn everything you need to know about blogging from the most trusted experts in the industry. We have helped millions of blogs get up and running, we know what works, and we want you to to know everything we know. This course provides all the fundamental skills and inspiration you need to get your blog started, an interactive community forum, and content updated annually.
Mañá martes 22 de decembro ás 12 da mañá, inaugúrase no Museo Etnolóxico de Ribadavia a exposición «San Cipriano o Mago: de oracións, ciprianillos e tesouros» organizada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2021, o Museo Etnolóxico de Ribadavia, e como curador científico, como non podái ser menos, Félix Castro, antropólogo e máximo coleccionista de ciprianillos. Todo elo con deseño e montaxe da exposición por Xosé Lois González e Disigna Edenia, e fotografías de Mark Ritchie.
A exposición amosa máis de 150 obxectos propiedade de Félix Castro reunidos durante os últimos vinte anos sobre a figura e culto de San Cipriano o Mago, San Cipriano de Antioquía, o santo mago cristián por excelencia.
Inclúen entre libros de oracións, grimorios antigos, gravados, amuletos, rolos máxicos, e obxectos varios procedentes de moitos países do mundo, repartidos en catro ámbitos:
– o primeiro deténdose no papel relixioso do santo como protector contra meigallos e mal de ollo, destacando a Oración de San Cipriano.
– o segundo trata sobre seu aspecto máxico, sendo de salientar o Libro de San Cipriano, coñecido popularmente como Ciprianillo, o grimorio ibérico máis famoso e que coñeceu numerosas versións dende o s. XIX.
– o terceiro, sobre o Libro de San Cipriano e a busca de tesouros, xa que esta obra foi moi popular na Galiza e noroeste ibérico para a busca e desencanto de tesouros.
– o cuarto, «San Cipriano no mundo»; sobre a difusión da súa figura por toda Europa, medio oriente, África, e América, tanto dentro das relixións cristiá católica, oriental e ortodoxa; santería e cultos sincréticos afroamericanos.
Circulo máxico para o desencanto de tesouros con Lucífugo Rofocale, lugartenente do inferno, que custodia os tesouros escondidos
Como diciamos haberá máis de 150 obxectos, entre os “máxicos” e os relixiosos (gravados do santo, oracións de San Cipriano, amuletos, iconos, rolos máxicos etíopes). Da máis diversa procedencia: españois, franceses, italianos, rusos, armenios, gregos, etíopes, etc. Arredor de 20 libros de maxia escandinavos, alemáns, franceses, etc. 40 libros de San Cipriano portugueses, españois, arxentinos, mexicanos e brasileiros. Obxectos “máxicos” de santería relacionado con San Cipriano, velas, aceites, xabóns, amuletos, aneis, pulseras e collares. Varas de San Cipriano, gacetas de tesouros, etc. etc.
Debido á pandemia, a inauguración será con aforo de público reducido (só poden estar seis persoas por sala), pero a exposición vai estar aberta durante preto dun ano, así que xa teremos tempo de desfrutala!
O pasado venres 11 tivemos a honra de poñer xunto co Grupo de Cámara Música Viva, a nota musical á entrega dos galardóns Arenteira no Carballiño.
Podedes ver o acto íntegro no portal da TV Badal Novas
Felicidades aos galardoados D. Xosé Prada (Cultura), D. José Fernández Godoy (Deportes) e a D. Víctor Campio Pereira (a título póstumo) cuxo premio foi recollido polas súas fillas Carmen e Isabel Pereira.
Moi agradecidos aos organizadores por convidarnos a tan emotivo evento e felicidades polo seu traballo.
O pasado sábado tivo lugar en Allariz o a entrega do XXIV Premio Vicente Risco de CC SS que recaeu no meu traballo «Do Doutor Alveiros á Porta de Palla: o ocultismo na obra e vida de Vicente Risco».
Moi agradecido ás entidades convocantes, Concello de Castro Caldelas, Concello de Allariz, Fundación Vicente Risco, e a Universidade de Tras Os Montes e Alto Douro (UTAD) por terme concedido o premio e pola valentía de premiar unha obra sobre un tema ubicado no limes da ortodoxia académica española como é este do ocultismo.
Tamén a Miguel Robledo , Miguel de Punto e Coma e a González Ahola polo seu excelente traballo na maquetación e edición. Agradecer por suposto a todos os investigadores, autores, posuídores de Arquivos, que me teñen axudado a conseguir información relevante para a obra: Angelines e Armenia en Madrid, Esteban Cortijo Parralejo , Marina Pintos Fonseca, Juan Félix Larrea López. E aos Arquivos Pintos Fonseca, da Memoria Histórica de Salamanca, da Fundación Penzol de Vigo, de onde proceden as cartas de Vicente Risco reproducidas.
E tamén claro está á María, á miña familia e amigos, e ao meu irmao Cástor, incansable colaborador en todas as miñas / nosas empresas.
O libro está publicado pola Fundación Vicente Risco, e poderédelo atopar nas vosas librarías habituais, entre elas en https://tenda.airadasletras.gal/
O vindeiro sábado 12 de setembro actuaremos a partir das 20 h no Barco de Valdeorras, co convidado especial Angel Ruiz, maestro do banjo de renome internacional, non volo perdades!
Dende o día 10 de agosto xa está dispoñible físicamente o cd de TOR! Recén chegado de fábrica, pasarémosllo á distribuidora este luns e tedes varias opcións para facervos con el:
Nos nosos concertos
Solicitalo nos puntos de distribución de Inquedanzas Sonoras: tendas de discos e algunhas superficies comerciais (Corte Inglés, FNAC…)
Seguindo a liña de publicacións que preparamos nos últimos meses, puxemos no mercado fai quince días a nosa edición na colección Scrinium Mira Librorum da Reseña de la Causa orixinal editada en 1859.
«Reseña de la causa formada en el Juzgado de 1ª. instancia de Allariz. Distrito de La Coruña, contra Manuel Blanco Romasanta, El Hombre Lobo, por varios asesinatos. Ordenada y publicada por R.F.» Madrid: Imprenta de la viuda de Don Antonio Yenes, 1859. 225 páxinas.
Coñeciamos un dos poucos exemplares que se conservan nunha biblioteca privada, e decidimos traballar sobre el. Existen varias edicións anteriores (Civitas…), pero o que nos interesaba era facer unha edición seguindo as dimensións do libro orixinal, a cor, respetando a impresión que causa o libro antigo, as marcas de uso, etc.
Tamén fixemos unha edición en libro dixital, inexistente ata agora. Prepararemos no próximo mes unha edición en blanco e negro que abaratará o prezo de impresión, mantendo a versión a cor para os coleccionistas e interesados máis avezados.
Engadímoslle un breve texto introdutorio sobre a historia de Manuel Blanco Romasanta e mais un índice que non aparece no orixinal.
Podedes acceder ao libro en Amazon no seguinte enlace: