Paco de Escornabois en “O ciclo do pan”, 2008

[youtube https://www.youtube.com/watch?v=bExFY1_rIm0]

 

Hoxe traemos ao blog un pequeno vídeo rodado en 2008 para proxectalo no Muiño do Burato, no parque etnográfico do Río Arnoia. Pedíronnos ao grupo Gomes Mouro que puxeramos a música para as esceas de muiñada na parte final (minuto 5 en adiante).

Decidimos convidar ao Sr.  Paco de Escornabois para que viñese tocar aquel día, e coidamos que a súa música é do máis auténtico da  gravación.

Pero qué é exactamente unha muiñada? Segundo o dicionario de Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo (consulta: sli.uvigo.es)

En los molinos comunales y en los particulares, la MUIÑADA tiene la finalidad de evitar que el molinero se quede con más MAQUÍA que la que por uso y costumbre le corresponde, y por eso acuden de noche a esperar la vez los mozos, las mozas y las personas mayores, formándose, naturalmente, las tradicionales diversiones aldeanas, en las que se canta, se parrafea, se baila, se elabora el bolo da pedra, y se cuentan cuentos entre algazara y bulla para pasar alegremente parte de la noche“.

No vídeo nin nos veredes vixiar ao muiñeiro, nin sabemos se fixo trampa na moenda, námais disfrutar ca boa música do Sr. Paco,  que se nos presentou vestido de época perfectamente preparado para ocasión, isto é, cunha funda azul das de toda a vida.

 

Agradecemos os vosos comentarios