Investigacións e actividades en Música tradicional, Etnografía galega e Artes marciais. Arquivo Castro Vicente, rex. nº 2013/017572-1 Sección 1ª Rexistro Central de Asociacións de Galicia. Este Blog é unha Revista Electrónica cos Dereitos de Autor rexistrados ISSN 2386-9518
Hoxe 30 de abril daremos un monográfico no Verbum de Vigo sobre os pregos de cordel nos estudos de Vicente Risco, os monstros no prego de cordel, e daremos unhas pinceladas sobre o caso Romasanta dente a tradición oral.
A adega de Licores e Cervexas Artesanais Icatú é unha antiga escola da aldea Teimende situada en Parada de Sil, Ourense, no corazón da Ribeira Sacra. Tras máis de dez anos, o espazo ténse convertido nun referente da Ribeira Sacra polos seus premios internacionais e como un Laboratorio Artístico de Alquimia Creativa. Máis alá dunha adega, é un sitio de concertos e expo
Temas interpretados por TOR na Homenaxe a Pancho Alvarez, Xuntanza de Gaiteiros XXXV organizada por Airiños de Fene o 11-11-2023 en Fene (Coruña).
Alalá de Lobeira aparece recollido no “Cancioneiro popular galego” de Dorothé Schubarth e Antón Santamarina (Ed. Barrié de la Maza), un traballo fundamental para o coñecemento da música galega.
Seguímolo coas “Muiñeiras do mar”, que Pancho Alvarez gravou no se CD, «Nas Cordas»
Con todo o noso recoñecemento e cariño para Dorothé Schubarth e Pancho Alvarez
Hoxe xoves 21 de marzo ás 15:30 hora española, Félix Castro participará en liña no Congreso Internacional Aquelarre falando sobre a conexión entre os libros de maxia e grimorios de América e da península ibérica, organizado polos departamentos de Historia e de Humanidades da Universidade Andrés Bello de Chile.
Concerto íntegro de TOR no patio central da Casa Lis, Museo de Art Nouveau e Art Déco, Salamanca , 20-I-2024 20 h.
Moitas gracias a María José, Luis e toda a xente da Asociación Amigos de la Casa Lis, por organizar este concerto, polo cariño amosado e por permitirnos ofrecer a nosa música nun espacio tan especial; tamén a todo o público polo fantástico acollemento.
Foi gravado cunha cámara Zoom q2n e son ambente en primeira fila. Ao final do concerto acabouse a batería e completamos o último tema «Vilar» coa gravación de móbil que publicou en Facebook Juan Antonio Martín Sánchez.
Son TOR e presentacións con historias dos distintos temas, especial interese teñen as anécdotas de Luarada e Vilar 🙂
A fin de semana do 19 ao 21 de xaneiro estivemos de xira por Zamora, Salamanca e Valladolid. A atención e cariño dos organizadores e do público foi inmenso e quedamos moi moi agradecidos, foi unha experiencia inolvidable.
Empezamos o venres 19 ás 20 h no Patio Corsariode Valladolid. É unha sala moi acolledora que ten unhas 120 localidades, dirixida por Jesús e Teresa, e todo o colectivo de Patio Corsario. Está vinculada ao Teatro Corsario, unha compañía de teatro de grande traxectoria a nivel nacional, botade un ollo á súa páxina e as súas montaxes (xeniais os espectáculos de títeres para adultos 🙂 ).
Deste concerto apenas temos algún vídeo, se alguén dos que asististes vedes esta nosa páxina, non deixedes de nos pasar imaxes do concerto 🙂
Nas primeiras horas de saír á venda as entradas esgotáronse polo que fixemos un segundo concerto o domingo ás 13 h.
Museo Etnográfico de Castilla y León, Zamora
O sábado de mañá recalamos no Museo Etnográfico de Castilla y León, en pleno centro histórico de Zamora, no que agradecemos ao Museo e a Pablo Madrid a organización do evento.
Neste espazo, máis recollido, recibíronnos ademais moitos amigos e familiares de Zamora e Salamanca, que tiñamos moitas gañas que puideran coñecer o noso traballo en directo.
Casa Lis de Salamanca
O sábado á tardiña tocamos no Patio interior da Casa Lisde Salamanca, un espléndido Museo Modernista, espacio fermoso como poucos, ao que esperamos voltar pronto para coñecelo e disfrutalo máis de vagar. Moitísimas gracias a María José e Luis, e a Asociación de Amigos da Casa Lis, por organizar ista actuación.
Próximamente compartiremos un vídeo desde concerto íntegro, onde podederedes disfrutar do sonido TOR ao natural coma se estivérades en primeira fila do concerto.
Nestes concertos en interior prodigámonos en anécdotas e sucedidos que gustaron moito, coma a historia de Manuel Blanco Romasanta, o Lobishome galego, ou a do bombardeiro que se estrelou na II Guerra Mundial nos montes de Vilar ao sur de Ourense, e que os gaiteiros de Vilar fixeron unha caixa e un bombo do aluminio daquel avión…
E o domingo volvimos ao Patio Corsario, onde ademais nos acompañou Soco Rúa coa pandeireta, noutro concerto que esgotou as entradas, e que se prolongou cun longo xantar e sobremesa con Jesús, Teresa e o equipo do Patio Corsario. Deu tempo a contar e escoitar moitas moitas historias…
Set Chotis que aparecerá no noso próximo CD «ZIRA»! En directo en Arucas Folk Canarias en Decembro 2023. Nesta ocasión o terceiro tema do Set (3/4) é un Canto de Reis que recollimos ao frauteiro Armando López, e co que vos dexesámosvos un Bo Ano para todas/os
Muchas gracias a Claudia Carranza, Grecia Monroy y a todo el equipo del Colegio de San Luis, por su amable invitación para ofrecer esa conferencia y toda la difusión que hacen de los estudios sobre narrativa acerca de la tradición sobrenatural.
Podéis acceder a su página y muchas de sus actividades y trabajos en: