A pala das Cuncas, montes de A Edreira

(Para ver a pantalla completa en HD, pulsar en Vimeo, e despois elexir pantalla completa)

Como complemento á leitura anterior, invítovos a visionar este pequeno vídeo (non ten son) sobre a Pala das Cuncas, un abrigo ou cova realmente suxerente ubicado nos montes da Edreira, fronte a San Mamede, paraxe de maquis e quén sabe se acubillo de Romasanta e seus cómplices.

Estivemos varios meses, de xullo a setembro, preparando a viaxe aló. Organizamos varias visitas a ela, e nas dúas primeiras non fomos quen de atopala. O día 9 de outubro de 2012 era noso terceiro intento. Coincidiu que era o día da festividade da Comunidade autónoma Valenciana (orixe dos dous licántropos compañeiros de Romasanta), e ademais San Denis, como o lobo-home do relato de Boris Vian.

Con estes bós augurios partimos cara aló e conseguimos acceder á ansiada cova. Sorte de non atoparnos nela con Don Genaro e Antonio, cos que Romasanta iniciou su historia.

Prepareino para proxectar nas II Xornadas de Allariz ao final da presentación do texto, para ilustrar a busca de espazos relacionados co caso MBR, pero por problemas técnicos non foi visionado.

Por razóns obvias, recoméndovos ler antes o contido da comunicación antes de velo, xa que enténdese mellor a trascendencia desta cova e a posible relación co caso.

Agradecemos os vosos comentarios