O Libro de San Cipriano

Se algunha investigación nos ten levado a contactos e lugares insospeitados ista é a do Libro de San Cipriano, máis comúnmente chamado Ciprianillo.

Para os que non o coñezades, estamos a falar do Libro máis cobizado e buscado durante o s. XIX e XX neste recuncho da vella Europa. Trátase dun  grimorio atribuido a San Cipriano de Antioquía, o santo mago por excelencia, compendio de fórmulas máxicas moi diversas, pactos con potencias infernais, e lista de tesouros dos Reinos de Galiza e Portugal. Co´il  os nosos paisanos percorreron outeiros e esfuracaron castros na busca de riquezas.

O Castro de San Millán, en Cualedro, un dos emprazamentos que segundo a tradición oral foron visitados por buscatesouros co sacho nunha man e o Ciprianillo na outra. Fotografía: Rafa Quintía http://asombradebouzapanda.wordpress.com

Félix leva máis de quince anos estudando o Libro en todas as súas ramificacións e conexións cas tradicións máxicas europeas e mediterráneas, o que produciu unha mada  de publicacións  (sempre dende un punto de vista principalmente bibliófilo), comenzando por dous artigos na Revista de Bibliofilia Hibris (Alcoy-Alicante) de 2005, moi recurridos e comentados.

Como tratado de maxia, o Ciprianillo segue a estar plenamente vixente en Sudamérica, sendo un libro de cabeceira en moitos ritos afroamericanos. Por ista razón dende aqueles  primeiros artigos de  2005, téñennos chegado todo tipo de consultas dende máis aló do Atlántico: Ofertas de compra do Libro por varios miles de dólares, consultas sobre cómo facer e desfacer feitizos, propostas para ir aló a desencantar tesouros, tráilers cargados de moedas d´ouro da epoca da dominación española; e mesmo propostas de colaboración para seren os Donos do Mundo (haivos xente  que non se lle quita o pío cunha oliña chea de ouro).

Polo de agora, a meirande parte delas as rexeitamos amablemente: se o Libro ten poderes e algún dos esconxuros tivese éxito, non queremos ser colaboradores necesarios nos fatais resultados que produzan.

“O Verdadeiro Grande Livro de S.Cipriano”(ou: Thesouro do Feiticeiro). Rio de Janeiro, Livr.Quaresma.Ed., 1926

Armas máxicas no Libro de San Cipriano de Jonás Sufurino (finais do s. XIX, inicios do s. XX).

 

Dado que é unha materia tan saborosa, como supoñeredes os artigos de Félix téñense plaxiado e propagado pola rede e hai centos de páxinas  que falan do Ciprianillo cun corta-pega interminable sen referencia algunha ao autor das investigacións. Mesmo hai en Arxentina quen se lucra ca venta impresa do artigo que hoxe imos poñer no noso espazo.

Así que hoxe vos presentamos en primicia as dúas partes en versión dixital, para que o disfrutedes direitamente na páxina do seu autor, que se pón ao voso servizo e que contestará con pracer todas as vosas dúbidas e inquedanzas.

Como vos deciamos, os plaxios son incontables. Se cadra un dos máis sorprendentes sexa o seguinte vídeo en Youtube, onde unha voz computerizada le o texto do primeiro artigo de Félix en Hibris, cun fondo sonoro de “Hijo de la Luna” de Mecano. O resultado é, para os máis valentes, inquedante, e para os máis medrosos, tan arrepiante coma se fose o propio Demo quen o le.

Impresiona tamén que o vídeo leve máis de ¡cen mil reproducións! 112.285 (ao momento diste artigo),  e os comentarios ao mesmo son cando menos curiosos, antropoloxicamente falando.

Se alguén é preguiceiro para isto de ler, pode escoitar eí a primeira parte do artigo; mellor de día, a media tarde e cas lámparas da casa acesas, sen curruncho algún onde se cubillar as sombras, non vaia ser o demo.

Nestoutra páxina podedes ver unha versión resumida en inglés do artigo

In the following link, you have an abstract of the article The books of Saint Cyprian

http://danharms.wordpress.com/the-books-of-saint-cyprian/

Agradecemos os vosos comentarios