Vídeos das XII Xornadas de Literatura Oral do Romanceiro ao Bravú. Lugo 2019

A AELG Asociación de Escritora e Escritores en Lingua Galega acaba de publicar os vídeos das pasadas XII Xornada de Literatura de Tradición Oral. Rimas e letras da música popular. Do Romanceiro tradicional ao bravú, con ponencias moi interesantes. O programa completo foi:

Estivemos encantadísimos de colaborar xunto con Lucía Cedrón na conferencia de Dorothé Schubarth e Antón Santamarina sobre a relación entre o texto e a melodía no romanceiro tradicional, tocando na frauta algúns exemplos musicais e mais os esquemas dalgúns dos romances amosados. Moitas gracias por contar con nós para estas fermosas experiencias!

 -Conferencia O romanceiro tradicional e a cultura galega: identidade, língua e normalização
José Luís Forneiro

-Conferencia: O romance tradicional; relación entre texto e melodía.
Dorothé Schubarth

-Mesa redonda: Romances con rima e melodía. Supervivencia do xénero
José Luís Forneiro e Dorothé Schubarth Coordina: Antonio Reigosa

-Conferencia: Novas formas na música popular: Da romaría á festa. Da movida ao bravú
Xurxo Souto Eiroa

-Conferencia: A pegada da violencia contra as mulleres nas cantigas da montaña luguesa
Branca Villares Naveira

-Mesa redonda: Os camiños incertos da canción. Lingua e música popular no século da globalización
Xurxo Souto Eiroa e Branca Villares Naveira Coordina: Lois Pérez

-Sesión práctica: Transmisión oral na música tradicional no século XXI: A Tradescola de Lugo e a Asociación de Gaiteiros Galegos. Interveñen alumnado e profesorado da Tradescola, Escola de Música Tradicional (Lugo)

Podedes seguir as conferencias e actividades no seguinte enlace aos vídeos

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s