Artigos no Caderno de Campo nº 12 da SAGA

Os amigos da Sociedade Antropolóxica Galega, SAGA, veñen de publicar o nº. 12 dos seus Cadernos de Campo

Nel colaboramos con dous textos, un deles presentando a colección do Arquivo Castro Vicente Scrinium Mira Librorum, composta de reedicións facsimilares de libros de maxia, grimorios e outros textos que consideremos de interés para a súa difusión.


E outro texto co gallo da presentación de dita colección, que titulamos «A Maxia retorneada», referido ao retorno da maxia, das non sempre doadas relacións entre maxia, relixión e ciencia, e en definitiva das tensións entre a cultura imperante nun momento histórico dado e as culturas subalternas.

A British Library ven de organizar seguindo o éxito de Harry Potter unha gran exposición con fondos propios sobre maxia, alquimia, astroloxía e herboloxía, estructurada seguindo as materias impartidas en Howargts e con numerosas referencias á saga, que ten sido un dos maiores éxitos de público da súa historia. O interese na maxia e no ocultismo, sempre ten estado aí, apartado das crenzas imperantes coas que compite, e a través da ficción permite á xente satisfacer a súa necesidade dela.

É como facer traballo de campo sobre mouras, tesouros encantados, e outras marabillas e preguntar aos veciños nun lugar do noso país. Todos cho contan co maior misterio e emoción pero coa advertencia de «iso eran cousas que contaban os vellos», para manter a “distancia” que a racionalidade e positivismo imperante esixe ás xentes de bo xuízo.

A revista completa pódese ler en Issuu no seguinte enlace

Consta de 140 páxinas chea de contidos moi interesantes, dende as actividades que organizou ou colaborou a SAGA, artigos sobre a Moura e o dragón; sobre a máscara e o alleo no mundo; as cidades enmudecidas; sobre a celebración do Santo Andrés, ata crónicas de viaxes, en concreto a Malta, illa fascinante polos seus restos arqueolóxicos, etc.

Podédela ler en liña (ao igual que os demáis números dos cadernos de campo) ou adquirir a revista nos puntos habituais.

Para máis información

https://sociedadeantropoloxicagalega.wordpress.com/

Unha opinión sobre “Artigos no Caderno de Campo nº 12 da SAGA

  1. Noraboa , a seguir obtendo éxitos.-

    Grazas polo recordo, que teñades moito éxito.gustariame oirbos.- apertas Cuesta

    Resposta

Agradecemos os vosos comentarios

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s